O barrio do Agra do Orzán suma un novo, pero insuficiente espazo verde. O novo parque do Observatorio abría ás portas á veciñanza esta maña de martes 10 de marzo, despois de décadas de demandas veciñais.
I é que 2.100 metros cadrados de zona verde son pouca para un dos barrios con máis densidade de poboación do país, e o prometido Parque da Agra, ou Campo da Burra, debería ter sido xa unha realidade.
Porén, o Concello conseguía a cesión por parte do Estado dos terreos e nunha zona na que está situada a Axencia Estatal de Meteoroloxía. As choivas rexistradas en xaneiro e febreiro condicionaron as actuacións previstas sobre o céspede o que motivou que o parque estivese pechado ata agora.
O chamado Xardín do Observatorio abre agora un espazo miúdo para a veciñanza tras completarense os traballos correspondentes á primeira fase de actuacións na superficie axardinada habilitada á beira da rúa Canceliña.
Derrubouse o mítico muro da Canceliña, pero a zona verde segue estando rodeada de muros.

A rexedora lembrou que o parque sumará outros 3.000 metros cadrados grazas ao convenio do soar das Adoratrices, un acordo no que se está a traballar e que irá proximamente a pleno, cuia superficie será urbanizada pola promotora que constrúa as vivendas da promoción:
Máis novas
Derrubados os muros do Xardín do Observatorio para abrir “un anaquiño” do Parque da Agra
#ParquedaAgraXa: O clamor da Agra do Orzán por unha zona verde volveu invadir as rúas

