InicioA CORUÑAA 19º Feira Matemática uniu no Palexo a máis de 1.500 asistentes

A 19º Feira Matemática uniu no Palexo a máis de 1.500 asistentes

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Volveron tomar as matemáticas o Palexco, e dá gusto ver o impacto que ten entre a mocidade. Máis de 400 persoas —incluíndo a 314 alumnos inscritos e 86 profesores— foron protagonistas da organización 19º Feira Matemática, celebrada en Palexco e organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema) en colaboración con o Concello. Pero é que entre as diferentes actividades educativas (xogos, retos, monólogos e concursos) son máis de 1.500 persoas as participantes.

A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación desta materia de forma lúdica e divertida, e está dirixida ás alumnas e alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, así como ao profesorado e ao público en xeral. Cada centro, cada profesor, cada grupo de alumnos, puideron expoñer unha ou máis propostas ou actividades matemáticas, explicou o concelleiro de Eduación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.

Na edición deste ano, a iniciativa tratou o tema da intelixencia artificial e o pensamento computacional, dúas materias de actualidade que son unha fonte de continua innovación e desenvolvemento no campo das ciencias.

ÚLTIMAS

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto coruñés (1981),...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

Un Cupón da ONCE pola primeira xornalística en galego: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

O 1 de novembro, día en que naceu Valentín Lamas Carvajal, a ONCE dedicará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here