Inmerso en pleno aniversario, a familia da CUAC FM debullou esta fin de semana algúns dos eventos que vai realizar para celebrar os 30 anos de vida radiofónica no Campus de A Zapateria.
Cun acto público a carón da paloma da paz de Picasso, onde a emisora instalou un totem informativo coa colaboración do Concello da Coruña, anunciaron algúns dos actos de celebración desas tres décadas nas que teñen pasado 504 programas diferentes pola programación da radio comunitaria.
“O fotón”
O sábado 21 será o inicio das actividades deste mes de marzo. Ás 13:04 convidan a toda a cidade a formar parte da fotografía que o cámara Gutier Rolán captará como momento histórico e da que se farán posters para repartir pola cidade. As persoas que teñan a camiseta do pico do pato poderán lucila na fotografía. O evento titúlase “O fotón”.
Banda de solistas
Tamén se convoca este mes o 28º Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM con 5000 euros en premios. O prazo de inscrición estará aberto ate o 31 de maio. As bases poden consultarse dende o vindeiro sábado na web oficial cuacfm.org
O vernes 27 de marzo é o día exacto do aniversario e neste caso convocamos a toda a xente que lle gusta a música en directo ao Teatro Colón da Coruña para gozar das actuacións de César de Centi, Silvia Penide e Pedro Pastor con entradas á venda dende 13 euros.
Nova presentación do libro
O martes 31 de marzo ás 18:30 estaremos na Libraría Lume coa segunda presentación do libro “Que bonitas son as ondas radiofónicas: 30 anos de CUAC FM, con portada de Manel Cráneo a grandes colaboracións como a de Iñaki Gabilondo. A entrada é libre e levaremos libros de agasallo. Son gratuitos grazas a un convenio coa Concellaría de Cultura e Turismo do Concello da Coruña.
Encontro Estatal de Medios Comunitarios
Xa no mes de abril celebrarase na Coruña o Encontro Estatal de Medios Comunitarios. Será do 17 ao 19 de abril cunha xornada inaugural o venres pola tarde aberta ao público. Deste xeito, a Coruña converterase nesa fin de semana no epicentro dos medios comunitarios no estado español.
Maratón
En maio, farán unha maratón radiofónica con xornada de portas abertas na emisora. Será entre o sábado 23 e o domingo 24 e pasarán polas ondas ducias de programas de diversas etapas da emisora.
Gala dos Oscuacs e Noroeste
En xuño, o sábado 13, estarán na Sede de Afundación coa Gran Gala dos Oscuacs, un evento que este ano tamén terá un formato especial, con recoñecementos a persoas ou colectivos alleos a CUAC FM. Haberá actuacións e a entrada será gratuita.
En agosto, dúas bandas galegas actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia grazas ao concurso para proxectos musicais de CUAC FM. En setembro, celebrarase a Batalla de Bandas do tramo estatal do concurso na Sala Mardi Gras. Será o sábado 19.
Radio en directo
E, o sábado 10 de outubro, volverán ao Auditorio de Afundación nos Cantóns para darlle o pistoletazo de saída á programación 26/27 cun evento de humor que terá como protagonista ao programa máis mediático da emisora, Vellenials con máis sorpresas que se iran desvelando máis adiante.
Máis novas da CUAC FM
EscapeMotor, o espazo radiofónico máis potente da provincia faise na CUAC FM
2026 arrinca en clave de aniversario: 30 anos de CuacFM e 45 do Jazz Filloa
Un libro colectivo para comezar a celebrar o 30 aniversario da CUAC FM
A CUAC FM celebra os seus 30 anos con 500 programas e un completo programa de actos
CUACFM entre os gañadores dos Premios Martín Códax da Música Galega 2025

