Despois de 4 semanas de folga e 80.000 consultas anuladas, Xunta e O’Mega, o sindicato médico maioritario en Galicia, veñen de chegar a un acordo que permite desconvocar a folga de Atención Primaria que comezara o 2 de marzo nos centros de saúde e Puntos de Atención Primaria (PACs) de Galicia.
Un dos principais acordos chegados tras máis dunha semana de xuntanzas maratonianas e mesmo tralo peche de médicos en Vigo, foi fixar “unha axenda de 30 pacientes por profesional”, pero ao longo do día de hoxe ofrecerán máis información.
Máis novas
Os médicos dos Centros de Saúde continúan a súa folga ante a “irresponsabilidade” da Xunta

