InicioA CORUÑAO PP incide no informe sobre o impacto económico do Mundial que...

O PP incide no informe sobre o impacto económico do Mundial que agocha o goberno municipal

Publicada o

Por Redacción

Este venres, ás 13:30 horas, unha hora pouco habitual, celebrarase o pleno extraordinario do Concello da Coruña, que foi solicitado polo PP «para que Inés Rey poida explicar os verdadeiros motivos para retirarse do Mundial porque leva anos mentindo e enganando a todos os veciños da Coruña, e dúas veces».

Un pleno monográfico sobre a renuncia ao Mundial 2030, que o goberno socialista camuflou, amparada por Abanca, nun proxecto de reforma do complexo deportivo de Riazor.

O PO vai incidir na mala xestión do goberno socialista. “Xa avisamos no pleno de finais de 2024 que, coñecendo as súas habilidades de xestión, non ía haber un Mundial. Un alcalde que non é capaz de arranxar un bache non ía ser capaz de xestionar un Mundial”. Critica ademais que «ela afirmou que era un logro histórico que transformaría a cidade e ao que vinculou o seu mandato no seu discurso de Nadal de 2024”, asegurando que «xa contaba co financiamento e co investidor privado que achegaría o 30 % do investimento de 100 millóns de euros. Non o dixo só unha vez, senón varias veces, e mesmo se gabou de que cada vez había máis investidores interesados”, critica, dando conta de “que agora vemos que non tiña nada, nin proxecto, nin financiamento, nin investidor”.

O informe de impacto

Unha das cousas que máis critica o voceiro do PP é o argumento de que “o Mundial é só dun par de días”, e que dos 100 millóns de euros, o Concello aportaría entre 12 e 15 millóns de euros en cinco anos, algo que para el non supón unha “hipoteca para a cidade” como si argumentou Inés Rey.

E nese sentido pide que Rey faga público un informe elaborado por José Manuel Sánchez Santos, profesor de Economía Aplicada da Universidade da Coruña, sobre o impacto económico da organización do torneo. “Este informe estima a creación de 800 empregos directos por partido, un impacto directo no gasto de 10 millóns de euros por partido, un impacto publicitario de 14,7 millóns de euros por partido e un volume de negocio asociado ás melloras nas infraestruturas que xeraría 300 millóns de euros anuais nos seguintes anos”, asegura Lorenzo.

Máis novas

“O Mundial era o proxecto estrela de Inés Rey e o que hai é un proxecto estrelado”

As críticas da Xunta, PP e BNG trala renuncia do Concello a ser sede do Mundial 2030

O Concello camufla a renuncia ao Mundial cun proxecto de remodelación da cidade deportiva de Riazor

 

ÚLTIMAS

Pontón sobre Avia Veira como a candidata á Alcaldía da Coruña: “Abre un novo tempo”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou a figura de Avia Veira como...

Desarticulada unha rede especializada en roubo de vehículos de alta gama

O grupo de delitos contra o patrimonio da Policía Xudicial da Garda Civil da...

Carlos Ares arrasa na gran festa da música independente

Mellor Álbum do ano, Mellor actuación en directo e Mellor álbum pop. Con 3...

Os taxistas volven mobilizarse masivamente na Coruña para esixir que os VTC “cumpran a lei”

O sector do taxi volveu mobilizarse este mércores na Coruña para esixir ao consistorio...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here