InicioBARRIOSO barrio da Cidade Vella debate sobre a promoción, paralizada cautelarmente pero...

O barrio da Cidade Vella debate sobre a promoción, paralizada cautelarmente pero xa á venda, da Maestranza

Publicada o

Por Redacción

Resulta paradóxico que unha promotora inmobiliaria estea xa promocionando a venda de pisos dunha hipotética urbanización que ten unha denuncia aínda pendente de resolución.

Así acontece co proxecto urbanístico do Campo da Estrada-Maestranza, en plena Cidade Vella. A pesar de estar paralizada cautelarmente dende novembro de 2025 polo Tribunal Superior de Xustiza trala denuncia da Plataforma Defensa do Común pola posible afectación a unha das murallas históricas da cidade, a promotora xa está vendendo os seus pisos de luxo nas principais plataformas. 

Pisos que parten de 290.000 para baixos de 1 dormitorio, pero que para os de 2 e 3 habitacións xa están entre os 520.000 e os 725.000€.

Esta situación creou un espazo de preguntas e dúbidas en toda a contorna do barrio. E por iso, a Plataforma cidadá Defensa do Común, e a asociación de representación veciñal do barrio, aclararán a situación nun acto informativo sobre a situación actual e os impactos futuros da urbanización o vindeiro martes, día 31, a partires das 19:30 h., en Portas Artabras (Sinagoga 22).

Proxecto Urbanistico A Maestranza 2

A modo de anticipo, Defensa do Común indica que “todos os trámites relacionados co Estudo de Detalle están concluídos e tan só falta coñecer a resolución final do TSXG”. Respecto á licenza, “indica que Lipromo prersentou un recurso de reposición contra a condición de eficacia demorada da licenza outorgada polo Concello, isto é, condicionada a que o TSXG resolvese o recurso de Defensa do Común, circunstancia que motivou un escrito por parte desta plataforma cívica ao Concello solicitando a denegación expresa da suspensión rerspecto da condición de eficacioa demorada que é o que pretende eliminar a promotora para iniciar os traballos”.

Finalmente, Defensa do Común pon especial énfase no feito de que “autorizar a construcción sobre terrenos catalogados como BIC representa un desprezo ao patrimonio de cidade histórica-monumental da Coruña ocultando mesmo a vista da silueta da cidade de orixe medieval dende o mar”.

Máis novas

A paralización da urbanización da Maestranza, “unha vitoria relevante”

 

ÚLTIMAS

Ata Beethoven trae doazóns para o Banco de Alimentos

Gran éxito o colleitado na conferencia-concerto "Unha tarde con Beethoven". Unha iniciativa artellada polo...

A poesía bergantiñá toma o Palacio de María Pita

E exposición de Peter Kramer na sala de exposicións do Palacio Municipal, acolle este...

Detido en Culleredo un home por roubar pertenzas do interior de furgóns industriais

A Policía Local de Culleredo detivo a un home por roubar pertenzas do interior...

Extinguido o primeiro gran lume da comarca coruñesa tras arrasar 33,5 hectáreas

O incendio declarado este xoves no municipio coruñés da Laracha quedou extinguido nas últimas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here