Tamara García Romero (grtamara), Pablo Meixe, Santiago Caamaño (Champi Muros), María Foscaldo (Mery Fos), Xurxo Carreño, Pepe e Lucas, Oliva Lojo (Oliva sen hache), Ángel Currás (Oveya Nejra) e María Rúa (Prado Rúa), son os 9 creadores galegos que serán premiados ex aequo pola creación de contido humorístico en redes sociais. Trátase do novo galardón dos Premios EMHU 2026, que se entregarán o domingo 3 de maio no Teatro Colón, durante a gala final Fantastic Colofon do Encontro Mundial de Humorismo da Coruña.
Entre os galardóns, o Encontro na súa sexta edición tamén recoñecerá na súa sexta edición a Malena Alterio, El Mundo Today e Daniele Finzi Pasca pola súa contribución ao mundo do humor e da comedia, recollendo o relevo doutras figuras da escena estatal como Andreu Buenafuente, Antonio Resines, Marta González de Vega, Eva Hache, Siro López, Xosé Ramón Gayoso, Goyo Jiménez ou Estirando el chicle que xa foron homenaxeadas e recibiron o aplauso unánime do público na gala Fantastic Colofon.
Os premios son unha pequena parte da completa programación que o festival trae entre o 23 de abril ao 3 de maio, que volverá a facer rir a máis de 15.000 persoas
Alterio, Puig e Daniele

Malena Alterio recibirá o Premio EMHU Fenómeno, “porque demostrou que pode facelo todo e facelo ben”, explica Luis Piedrahita, director do evento. “Nestes dous últimos anos, Malena estivo nas series de televisión máis vistas, nas obras de teatro máis prestixiosas e nas películas máis exitosas. Demostrou que é capaz de brillar na comedia e no drama, capaz de ser a divertidísima Cris, de La que se avecina, pero tamén unha Sonia memorable e transparente no salón de Tío Vania, de Chéjov”.

Nesta sexta edición o EMHU tamén recoñecerá o papel do diario cos titulares e noticias máis divertidas e surrealistas de España: El Mundo Today. “Nos seus 18 anos de historia, EMT fixo noticias, artigos e reportaxes inesquecibles; pero tamén publicou libros, podcast e ata a súa propia versión da constitución”, apunta Piedrahita. Dous dos integrantes do proxecto satírico, Xavi Puig e Nikki García, recollerán o Premio EMHU Wenceslao Fernández Flórez “polo seu impecable uso da linguaxe xornalística e o seu inquebrantable compromiso coa sociedade e o humor, por mirar a actualidade cun ollo serio e o outro chuchado”, sinala o director do evento.

Finalmente, o Premio EMHU Álvaro Cunqueiro, de carácter internacional, recaerá no director, dramaturgo e intérprete Daniele Finzi Pasca, quen presentará por primeira vez en Galicia o seu espectáculo Ícaro o sábado 2 de maio. Finzi Pasca, director artístico de shows multitudinarios para El Circo del Sol (Corteo), o circo Eloize ou das cerimonias dos Xogos Olímpicos de Turín ou Sochi, é tamén o creador de espectáculos íntimos como Ícaro, concibido inicialmente como un show para un só espectador, pero que este ano o representará no Teatro Colón no marco da xira do 35º aniversario do proxecto.
A programación ao completo pódese consultar en emhu.es. Algúns espectáculos xa colgaron o cartel de “entradas esgotadas”. É o caso das galas Fantastic Colofon, Humoris Causa e a primeira das funcións de Chisteria Colectiva, ao igual que os shows Corta el cable rojo (primeira función), Estirando el chicle, Pintando a mona xuntos (segunda función), Yunez Chaib en directo (segunda función) ou a charla Mi media comedia, con Eva Hache e Malena Alterio.
PROGRAMACIÓN EMHU 2026
- Do 31 de marzo ao 12 de setembro, de luns a venres de 17:30h a 20:30h e sábados e festivos de 12:00h a 14:00h e de 17:30h a 20:30h | Sede Afundación Exposición Comedy Wildlife.
- 23 de abril, 19:30h e 22:00h | Teatro Colón Corta el cable rojo
- 24 de abril, 19:00h | Sede Afundación Disparate, con Omayra Cazorla (estrea en Galicia)
- 24 de abril, 21:00h | Sede Afundación Match de Impro, con A Escola de Impro
- 25 de abril, 12:30h | Teatro Colón Animus Iocandi, con David Perdomo, Ignatius Farray, Laura Márquez
- 25 de abril, 18:00h | Teatro Colón Nanutria en A Coruña, con Nanutria (estrea en España)
- 25 de abril, 18:00h | Sede Afundación Contra todo pronóstico, con Bárbara Grandío (estrea absoluta)
- 25 de abril, 21:00h | Teatro Colón Esto no es culpa de nadie, con Facu Díaz
- 26 de abril, 17:30h e 20:00h | Teatro Colón Pintando a mona xuntos, con Miguel Lago e Roberto Vilar (estrea absoluta)
- 26 de abril, 18:30h | Pazo da Ópera Estirando el chicle. El show de Mentira y Traición, con Carolina Iglesias y Victoria Martín (estrea en Galicia)
- 28, 29 e 30 de abril, 18:00h | Sede Afundación Visitas guiadas á exposición Comedy Wildlife
- 28 e 29 de abril, 19:00h | Sede Afundación Yunez Chaib en directo, con Yunez Chaib (estrea en Galicia)
- 30 de abril, 19:00h | Sede Afundación Estoy como nunca, con La Forte (estrea en Galicia)
- 30 de abril, 19:30h | Cantones Cines Sujétame el cubata. Proxección e coloquio con JJ Vaquero
- 30 de abril, 21:00h | Teatro Colón Caso, con Rober Bodegas (estrea absoluta)
- Do 1 ao 3 de maio, de 10:30h a 14:30h | Hotel Eurostars Atlántico Fracaso Calidade. Curso de clown, con Jöns Pappila
- 1 de maio, 12:30h e 18:00h | Praza de María Pita El velocípedo mágico, con Billy Bluff (público infantil)
- 1 de maio, 12:30h | Teatro Colón ¿Esto se entiende? Artista individual y trabajo colectivo. El proceso creativo en los grupos de WhatsApp. Con Candela Sierra, Luis Piedrahita, Nikki García, Riki Blanco, Xavi Puig e Ximena Feijoo
- 1 de maio, 19:00h e 22:00h | Palexco Humoris Causa, con Álex Clavero, David Cepo, Eva Soriano, Galder Varas
- 2 de maio, 12:00h | Teatro Colón Piensa en Wilbur, con Wilbur (público infantil)
- 2 de maio, 12:30h | Sede Afundación Torreznos Podcast, con Alfonso Ortega ‘Cocituber’ e Dani Fontecha
- 2 de maio, 19:00h | Teatro Colón Ícaro, con Daniele Finzi Pasca (estrea en Galicia)
- 2 de maio, 19:00h e 22:00h | Palexco Chisteria Colectiva, con Álex Clavero, Arantxa Treus, David Amor, Jazmín Abuín, Jesús el Negro, JJ Vaquero, Luis Piedrahita, Miguel Miguel, Xosé A. Touriñán (estrea absoluta)
- 3 de maio, 12:30h | Teatro Colón Mi media comedia. Con Eva Hache e Malena Alterio.
- 3 de maio, 20:00h | Teatro Colón Fantastic Colofon, con Eva Hache, JJ Vaquero, Luis Piedrahita.

