InicioDEPORTESEscape Motor coñeceu a Eduardo Iglesias e a Alejandro Medín

Escape Motor coñeceu a Eduardo Iglesias e a Alejandro Medín

Publicada o

Por Xurxo Varela

Monrote, Ferrol, A Estrada e Novo Mesoiro. Ese foi o percorrido do novo programa de EscapeMotor de CUAC FM este pasado xoves, quecendo motores para o Encontro de Medios Comunitarios que organiza a emisora esta fin de semana.

Coa tortilla do Roncudo de ovo Mesoiro, o primeiro invitado esperaba en Monforte de Lemos. Eduardo Iglesias piloto de motos con varias participacións no Rally Dakar, esta semana Eduardo forma parte da Organización da proba “Adventure Galicia” que se está a celebrar do 12 ao 18 de Abril na Estrada (Pontevedra) puntuable para o Campionato de España e Europeo de Rally Raid, organizada pola Liga da Moto de Campo.

Máis de 120 pilotos de varias nacionalidades danse cita na Estrada para percorrer durante as 6 etapas que consta a competición, os camiños que lles levarán ata Folgoso do Caurel, Baiona, e Noia Barbanza guiándose do Roadbook que lles entrega a Organización. Entre os inscritos temos a grandes pilotos españois como son Esther Merino, Javi Vega ou Joan Pedrero.
Eduardo coméntanos a importantísima colaboración das Comunidades de Montes, Xunta de Galicia e Concellos para poder celebrar esta proba puntuable para o Cpto. Europeo da especialidade.

Facemos un resumo dos resultados dos competidores galegos en distintas disciplinas de motor da pasada fin de semana e o Calendario de Eventos de Motor para este sábado e domingo.

Alejandro Medín

Visítanos nos estudos de CuacFM o novo piloto ferrolán Alejandro Medín (21 anos) e por teléfono temos ao seu copiloto naronés Iván Bouza. A pasada fin de semana participaban no Rally la Llana, segunda proba do Campionato de España de Rallys, Medín e Bouza subíanse por primeira vez ao máis alto do podio da Copa Hyundai i20N, un primeiro posto moi pelexado e merecido despois do terceiro que conseguiron no Rally a N.  22 de marzo.
Alejandro coméntanos a gran profesionalidade do equipo R-Technology, son os encargados da asistencia e mantemento do seu Hyundai i20N.

A dupla formada por Alejandro e Iván é a terceira tempada que corren a Copa co Hyundai i20N, un vehículo da Ctg. N3 con motor 1.6 cc e 204 cabalos para un peso de 1190Kg. Agora espéralles un parón nas carreiras ata o 13 de Xuño que chegará o Rally de Ourense, seguido do Rías Baixas o 4 de Xullo, Vila de Llanes o 26 setembro e finalizar a tempada no Rally RACC Cataluña o 24 de Outubro.

 

Podes escoitar o programa premendo esta ligazón ou acceder a todos os seus programas no seu espazo en www.cuacfm.org. E tamén podedes seguir tamén a través das redes sociais en Facebook e Instagram @escapemotor.cuac.

Máis novas

 

ÚLTIMAS

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que...

Presentan 5.800 sinaturas contra a urbanización do Parque da Agra

Non para a veciñanza da Agra do Orzán ante o novo atentado urbanístico que...

Este domingo as entidades culturais celebran a xuntanza campestre da Irmandade da fala

10 anos despois da primeira xuntanza campestre da Irmandade da fala da Coruña o...

Trasladada en ambulancia unha persoa rescatada inconsciente da auga na praia de Mera

Unha persoa tivo que ser trasladada este venres en ambulancia tras ser rescatada inconsciente...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here