InicioOLEIROSDetido tras esquivar un control e unha perigosa fuxida pola N-VI 

Detido tras esquivar un control e unha perigosa fuxida pola N-VI 

Publicada o

Por Redacción

Axentes da Garda Civil pertencentes ao posto de Oleiros procederon á detención dun home como presunto autor dun delito de atentado contra axentes da Autoridade e outro contra a Seguridade vial.

A intervención iniciouse cando os efectivos realizaban un punto de verificación de persoas e vehículos. Ao realizaren os axentes o sinal de alto, o condutor do turismo acelerou de forma súbita, obrigando a un dos axentes a apartarse para evitar ser arroiado. Acto seguido, iniciouse un seguimento por diversas vías de comunicación da localidade, onde o vehículo circulou de xeito imprudente, obrigando a varios peóns a apartarse da calzada para evitar o impacto.

A fuxida continuou ata a incorporación á estrada N-VI. Ao detectar unha maior densidade de tráfico en sentido cara á Coruña, o condutor realizou unha manobra de cambio de carril brusca cara a unha vía adxacente.
Neste punto, o individuo perdeu o control do automóbil e impactou contra un elemento de sinalización viaria, quedando o vehículo inmobilizado debido aos danos estruturais sufridos. Os axentes procederon á detención do único ocupante.
Tras asegurar ao sospeitoso, practicáronselle as probas de detección de substancias legalmente establecidas, arroxando un resultado positivo en consumo de drogas. Tamén durante o rexistro técnico do os axentes atoparon diversas substancias estupefacientes e un arma branca, que foron autadas para a súa análise e depósito.

As dilixencias instruídas foron remitidas ao Tribunal de Instancia de Garda correspondente, quedando o detido a disposición da autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

O pleno de setembro volveu amosar a confrontación entre PSOE e BNG

Desenvólvese esta mañá de xoves 10 de setembro un novo pleno no pazo de...

A ANPA do IES Zalaeta: “ É un pulso que nos bota a Xunta”

Seguen en loita as familias do IES Menéndez Pidal de Zalaeta, vendo como o...

CCOO, CIG, UGT e USO boicotean a inauguración do Gadis de Monte Alto esixindo un desbloqueo ao convenio da alimentación

Inaugurábase esta mañá o Gadis de Monte Alto por todo o alto despois de...

30 anos da catástrofe do vertedoiro de Bens

Pasaron 30 anos daquel 10 de setembro de 1996. Moitos lembramos aínda ese cheiro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here