InicioBARRIOSXa hai datas para as inscricións nos campamentos municipais de verán

Xa hai datas para as inscricións nos campamentos municipais de verán

Publicada o

Por europapress

Presentou hoxe o Concello da Coruña o programa dos necesarios Campamentos municipais de Verán. Eses servizos básicos para manter a conciliación familiar e laboral durante o periodo estival, para o que as familias temos que sacar de excel e facer encaixe de bolillos co calendario na man.

Neste anos, o Concello da Coruña ofertará 6.116 prazas nos campamentos municipais de verán deste ano. A campaña inclúe oito modalidades e chegará a barrios de toda a cidade a través dunha rede de máis de 40 sedes.

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa, presentou unha nova edición dos campamentos, que buscan facilitar a conciliación ás familias durante o período non lectivo e ofrecer á infancia e á mocidade alternativas de lecer educativo, de deporte, cultura, convivencia e contacto coa contorna.

A campaña deste ano ofrece as prazas distribuídas no oito modalidades:

  • Campacoles, con 1.080 prazas;
  • Campamentos do Fórum e Ágora, con 1.350;
  • Campamentos de día, con 416;
  • Campametos urbanos en centros cívicos, con 2.250;
  • Campamentos tradicionais con pasa a noite, 180;
  • Campamentos deportivos, 640 e
  • Campametos de mocidade, con 100.
  • A eles súmase a Escola de Verán da OMIC, tamén con 100 prazas.

A oferta abarca desde nenos e nenas nacidos no ano 2022 ata mozos de 17 anos, con propostas adaptadas ás diferentes etapas da infancia e da adolescencia. Ademais, resérvanse 98 prazas para menores con necesidades educativas especiais ou diversidade funcional, en función das características de cada programa.

Podedes ver aquí todas as quendas de cada modalidade.

Inscricións

O calendario xeral establece a preinscrición os días 4, 5, 6 e 7 de maio. As listaxes provisionais publicaranse o 15 de maio, o prazo de reclamacións será os días 18 e 19, o sorteo de prazas realizarase o 21 de maio e as listaxes definitivas publicaranse o 1 de xuño.
A inscrición e pagamento das persoas admitidas desenvolverase os días 2, 3, 4 e 5 de xuño, e a xestión das listas de agarda comezará a partir do 10 de xuño.

Toda a información estará dispoñible na web municipal, en coruna.gal/campamentos2026.

ÚLTIMAS

As traballadoras das grandes cadeas do téxtil volven protagonizar unha gran manifestación

Nova xornada de manifestación das traballadoras do gran comercio téxtil e de calzado. As...

Aberta a conexión entre as avenidas de Arteixo e a Sardiñeira para facilitar a mobilidade da Intermodal

Pensando xa apertura da Estación Intermodal, formulada para o final deste ano, o Concello...

Boas novas para os frescos de Lugrís

A semana que vén teremos boas novas sobre a restauración e conservación das 12...

O BNG e Galiza Nova propoñen ampliar a bolsa municipal de vivendas en aluguer e mobilizar os pisos aleiros

Organizou o pasado venres o BNG e Galiza Nova da Coruña o acto “Garantir...