InicioA CORUÑAAs familias volveron saír á rúa para esixirlle a Xunta un Ensino...

As familias volveron saír á rúa para esixirlle a Xunta un Ensino Público de Calidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Como noutras 25 vilas e cidades do país, as comunidades escolares da Coruña uníronse esta tarde de mércores 6 de maio en defensa dun Ensino Público de Calidade. Convocadas polas Asembleas Abertas do Ensino Público (grupos formados por profesorado, alumnado e familias despois de todas as mobilizacións polos recortes perpetrados pola Xunta durante este curso), as familias volveron responder e demostraron o seu compromiso coa defensa do ensino público e a súa repulsa ante a falta de profesorado (sobre todo de apoio ás necesidades educativas específicas), e sobre o mal estado dos centros.

Manifestacion 6M Asembleas do ensino Coruna
As familias concentráronse en Catro Camiños

Baixo o berro continuo de “Ensino Público de Calidade”, centos de familias concentráronse na praza de Catro Camiños que está detrás de Remanso. Dende aí baixaron ata a Palloza, pola avenida do Porto ata a Praza de Ourense, meténdose por Juana de Vega e San Andrés para rematar, pasadas as 19:00h, no Obelisco.

Alí lembráronse do Conselleiro de Educación, cun rotundo “Román, atende, o cole non se vende”, demostrando que a comunidade escolar segue esixindo, como fai dende comezo de curso, solucións urxentes ante unha situación de falta de financiación, recursos humanos e deficiencias graves en infraestruturas; así coma a importancia de garantir unha atención real á diversidade e a necesidade dun plan público e accesible de recursos que garantan unha escola pública, digna, segura e de calidade.

 

As mobilizacións foron convocadas ademais por numerosos colectivos, como son a federación de ANPAS A Gameliña, ANPAS da provincia de A Coruña, FANPO, FAVALMI, FOANPAS, outras federacións de ANPAs comarcais, as propias ANPAS dos centros, as Asembleas Abertas do Ensino Público, sindicatos de profesorado (CIG, CUT, STEG, Solidariedade Obreira e CNT) e estudantado (Fervenza, Sindicato de Estudantes e Erguer) e outros colectivos como AGOEP e NEG.

Outras novas

Máis de 2.000 nenos e nenas sacaron a lingua a correr na Torre

As escolas unitarias morren ou mátanas?

Máis novas dos recortes no ensino

As Asembleas Abertas do Ensino Público organizan a toda a comunidade escolar pensando xa nas seguintes mobilizacións

As familias saíron á rúa para denuncian o abandono estrutural do ensino público e o ridículo dos nosos responsables políticos

Unha trintena de docentes péchanse no CEIP Concepción Areal 

A ANPA do CEIP Prácticas a Paula Prado: “Isto só acaba de comezar”

Así foi a manifestación da comunidade escolar do CEIP Prácticas “por unha escola segura e digna”

 

ÚLTIMAS

Aquelarre de Trump e Netanyahu no San Xoán de Oleiros polo xenocidio en Gaza

O Concello de Oleiros anunciou que prepara unha falla para a noite de San...

A Coruña celebra a diversidade con Orgullo

Foi presentada esta mañá de venres a campaña municipal do Orgullo 2026, que se...

O luns comezan novos cortes polas obras en Alfonso Molina

Avanzan as obras estatais de renovación da Avenida Alfonso Molina na cidade da Coruña,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here