InicioA CORUÑAE A Coruña invadiu Primeira

E A Coruña invadiu Primeira

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Domingo de festa na Coruña coa celebración integral do ascenso do Real Club Deportivo da Coruña. Dende primeira hora da mañá, a cidade ao completo envorcouse en celebrar a volta á 1ª División, despois dunha longa travesía de 8 anos pola segunda e a terceira categoría do fútbol estatal.

A rúa San Xoán e o Campo da Leña amencían xa cheas de branquiazul. En paralelo, a Fan Zone de Riazor acollía á rapazada máis nova, que demostrou estar a tope co equipo. Bailar aos Rapants vestido coa camiseta do Dépor é un tesouro.

Hormigoneras do Depor

As míticas hormigoneras de Horbesa non faltaron á súa cita co deportivismo, enchendo de ruído e cor o paseo, para dar a benvida a esa masa tremenda que acompañou ao autobús atravesando a cidade.

O de menos era o fútbol desta volta. O Las Palmas, necesitado dos puntos para meterse en playoff, demostrou ter ese punto máis de intensidade para vencer por 1-2. Entre as cousas destacables, a 42ª titularidade dun Mario Soriano de récord (incrible a ovación entregada afección branquiazul cando saíu do campo) ou o 12º tanto de Zaka. Ademais, máis dunha despedida como a xa coñecida de Cristian Herrera, á que se sumarán moitas outras en breve.

Ao pitido final, unha explosión de alegría non puido impedir que a afección (de dentro e de fóra do estadio) invadise o céspede. Se ben houbo algún que outro irrespetuoso, o 99% da afección só quixo baixar a sacarse a foto, e en canto dende os altofalantes pediron regresar ás bancadas, a afección cumpliu e se retirou para deixar paso á primeira celebración común.

Volveron os xogadores ao campo, e despois de deixarlle roubarnos inexplicalemente 10 minutos de alegría común ao Italobróthers, os xogadores se fotografaron, e deron unha volta de honra. Polo camiño, especial mención ao capitán, un exemplar Diego Villares, a Bil, a Mella ou ao propio adestrador Antonio Hidalgo, que nun par de meses pasou de odiado a máis que querido e respectado.

Era case de madrugada, e con moitas familias xa nas súas casas, cando comezaba a celebración (algo encorsetada con tanto valado) en Catro Camiños. Porque a verdadeira visita á mítica fonte, a espontánea, foi a da semana pasada tralo partido de Valladolid, pero a presenza da Fan Zone volveu dividir ás celebracións e certo que quedou algo insulsa.

Con todo, a cidade vive un ascenso xeracional, que permitirá a moitas crianzas ver ao seu equipo, por primeira vez na máxima categoría.

Máis novas

De Stoja a Nsongo Bil. Entrando na historia branquiazul de xeración en xeración

A Coruña volve ser de Primeira

ÚLTIMAS

O Atlantic Pride consolida á Coruña como capital da diversidade e o orgullo do noroeste peninsular

A sétima edición do Atlantic Pride, afianzou a posición da Coruña como a cidade...

As Xubias, Os Castros, Feáns, Monelos, Peruleiro- Mariñeiros, As Xubias e O Portiño métense de festa

Coruña vivirá unha das fins de semana máis intensas do verán en canto a...

Só ás couzas quedan na Casa Cornide

Non queda nada na Casa Cornide. O edificio, aínda propiedade dos Franco, pero en...

Ferroglobe presenta un ERTE para todo o seu persoal de 113 traballadores en Arteixo ata final de 2027

Ferroglobe, única produtora de silicio en España, presentou un Expediente de Regulación Temporal de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here