InicioA CORUÑAA Coruña acolle desde este sábado o festival DiversidArte cunha ampla programación...

A Coruña acolle desde este sábado o festival DiversidArte cunha ampla programación cultural inclusiva

Publicada o

Por europapress

A Coruña acolle deste sábado, día 13, e ata o 20 de xuño o festival DiversidArte Festival cunha ampla programación cultural inclusiva en distintos espazos da cidade.

Así se informou, na presentación, dunhas actividades organizadas pola Asociación Poten100mos, coa colaboración do consistorio coruñés cuxo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, estivo presente no acto. O festival reunirá a artistas profesionais, persoas con discapacidade, creadoras e creadores emerxentes e entidades sociais ao redor dunha programación aberta á cidadanía. “DiversidArte é un exemplo de potencial da cultura para derrubar prexuízos e reforzar a cohesión social en nuetra cidade”, sentenciou o edil herculino.

Un dos momentos centrais terá lugar o 18 de xuño, coincidindo co Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, coa celebración do IX Concurso Internacional de Cinema Social DiversimaCine, no Campo da Leña.

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...