InicioA CORUÑAO BNG pídelle ao Goberno Local informes sobre a situación económica

O BNG pídelle ao Goberno Local informes sobre a situación económica

Publicada o

Por europapress

O grupo municipal do BNG pediu ao goberno local da Coruña que lle facilite informes dos órganos asesores da pleno — Intervención, Oficina Orzamentaria e Tesouraría — para comprobar se se pode dar por resolta a “seria” situación económica do Concello. Así o anunciou este luns, en rolda de prensa, a portavoz da formación nacionalista e candidata á Alcaldía, Avia Veira. Respecto diso, explicou que, na actualidade, existe un documento da Dirección de Área da Concellaría de Economía segundo o cal “non sería preciso” realizar un Plan Económico e Financeiro no consistorio “a pesar de existir un buraco nas contas de 2025”.

“Un desfasamento de 12 millóns de euros entre ingresos previstos e gastos realizados e un déficit de algo máis de nove millóns de euros no remanente líquido de Tesouraría”, sostivo. “En teoría non sería preciso en aplicación dun decreto do Goberno do Estado que excepciona o exercicio 2025 da necesidade de realizar un plan económico e financeiro cando se produce unha liquidación negativa”, apuntou. No entanto, demandou que haxa un pronunciamento técnico.

Avia Veira sostivo que hai datos que “non cadran”. “É certo que vai haber ingresos a maiores pola reciclaxe de envases de Ecoembes e polo plan de inspección de tributos, pero non chegaría aos 12 millóns de euros”, a cantidade precisa, indicou, “para cubrir o desfasamento negativo de 2025”.

ÚLTIMAS

Investigan a agresión ao director dun instituto de Oleiros por parte do familiar dun alumno

A Garda Civil investiga a suposta agresión ao director do IES Neira Vilas, situado...

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

A UDC promove este sábado un espazo no Mercado de San Agustín con propostas de divulgación científica e gastronómica

A Universidade da Coruña (UDC) estrea 'Abastos de Ciencia', un espazo onde a divulgación...

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...