InicioSOCIEDADEO Tío Benito do Santo xa ten unha rúa en Curtis

O Tío Benito do Santo xa ten unha rúa en Curtis

Publicada o

Por Redacción

Segue Curtis recoñecendo o legado do Tío Benito do Santo. Esta fin de semana, o Concello de Curtis celebrou o acto de cambio de nome da rúa Ambulatorio, no núcleo urbano de Curtis, que pasou a chamarse rúa Tío Benito do Santo. A homenaxe rendeu recoñecemento a Benito Seoane Paredes, persoeiro ilustre da vila. O evento contou coa presenza de familiares e incluíu o descubrimento da nova placa. Foi Emilia Seoane (“Piruca”), bisneta de Tío Benito do Santo, a que falou en nome da familia.

O Concello de Curtis honrou a figura do Tío Benito do Santo co cambio de nome dunha rúa

Benito Seoane Paredes (1859-1938), coñecido cariñosamente como o Tío Benito do Santo, foi un benefactor que fomentou o desenvolvemento da vila desde a súa posición de propietario. Doou terreos para poder construir infraestruturas básicas para a parroquia de Nosa Sra de Lourdes, demostrando un marcado compromiso co ben común, o desenvolvemento de Curtis e a prosperidade dos seus veciños e veciñas. Grazas á súa colaboración desinteresada, a localidade puido dotarse de servizos básicos.

A súa figura segue a ser emblemática e moi querida na vila, onde a transmisión oral das xeracións e os ensaios históricos locais mantiveron viva a súa memoria. Co cambio de nome da rúa, o Concello pretende poñer en valor o seu legado e o sentir da veciñanza.

 

Máis novas

Curtis xuntou a varias xeracións para render unha nova homenaxe ao Tío Benito do Santo

Curtis segue homenaxeando ao Tío Benito do Santo

 

ÚLTIMAS

As chaves tamén repican na Coruña

Tamén repicaron os chaveiros na Coruña. As mobilizacións pola vivenda impulsadas tralo desafiuzamento de...

Taller Recyclos: O sorriso de Moha vai a dúas rodas

O sorriso co que Mohamed saía do antigo edificio de Padre Rubinos vale ouro....

O Encontro Galego de Ilustración enche A Coruña de creatividade

Un ano máis, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), celebra o Encontro...

O Mural solicita reunións coa Xunta, Concello e Deputación ante a falta de accións para conservar os Murais de Lugrís

Cando os servizos meteorolóxicos anuncian o primeiro tren de borrascas, a asociación cultural O...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here