InicioA CORUÑAConclúe sen achegamento de posturas a primeira reunión con mediación entre sindicatos...

Conclúe sen achegamento de posturas a primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na Coruña

Publicada o

Por europapress

A primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na provincia da Coruña concluíu sen achegamento de posturas, segundo confirmou a Europa Press Eduardo Caamaño, de CIG Industria, quen cualificou de “insuficiente” as propostas da parte empresarial.

“Denegáronnos case todo”, sinalou sobre as súas reivindicacións tras unha reunión celebrada esta tarde no Consello Galego de Relacións Laborais, organismo que convocou aos representanes sindicais e empresariais da industria siderúrxica e metalúrxica da provincia da Coruña.

Isto co obxectivo de proceder á constitución da comisión de mediación para a negociación do convenio colectivo. A convocatoria prodúcese despois de que o tres centrais sindicais aceptasen o proceso de mediación, que continuará o xoves, venres e luns pola mañá, iso se antes deste último día non hai acordo.

A convocatoria tivo lugar tras varias xornadas de paros no sector para reclamar un convenio “digno” con melloras laborais e salariais e tamén medidas contra a precarización.

Á espera do que suceda na mediación, os sindicatos xa convocaron dous días máis de folga, o 7 e o 9 de xullo, ademais dos xa previstos do 30 de xuño e 2 de xullo.

Os sindicatos do metal da Coruña aceptan unha mediación exposta polos empresarios á Xunta

ÚLTIMAS

A Plataforma polo Dereito á Vivenda da Coruña pide frear os desafiuzamentos e “acabar coa especulación”

A Plataforma polo Dereito á Vivenda da Coruña urxe paralizar os desafiuzamentos e "acabar...

Á rúa por unha reforma integral no CEIP Cidade Vella

Xa protafonizaron unha rotunda manifestación no novembro pasado por unha escola digna. Pero o...

A Coruña acollerá do 4 ao 19 de novembro unha nova edición do festival de cultura accesible Festigual

A cidade da Coruña acollerá do 4 ao 19 de novembro unha nova edición...

A Coruña reclama á Xunta 3,6 millóns para vivenda tras ser declarada mercado tensionado

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, volveu reclamar á Xunta que xestione os fondos...