InicioA CORUÑAO Beatout Week encherá de rimas o Parque de Santa Margarida

O Beatout Week encherá de rimas o Parque de Santa Margarida

Publicada o

Por Redacción

Xa están á venda as entradas para o Beatout Week 2026, a través de Ataquilla. A sexta edición do proxecto celebrarase do 17 ao 23 de agosto na Coruña e terá os seus concertos principais os días 20, 21 e 22 no Parque de Santa Margarida.

Beatout, organizado por Pegada Sonora, chega a esta nova edición convertido en Week: unha semana para mirar antes, escoitar antes e achegarse ao que empeza a moverse antes de que pareza evidente para todo o mundo.

Beatout Santa Margarita 2026

Entre os nomes da programación destaca Akriila, artista chilena e primeira presenza internacional na historia de Beatout. Ao seu carón, pablopablo e Yapi chegan nun momento de forte crecemento, conectando cunha xeración que escoita desde a mestura, a intuición e a emoción, sen pedir permiso a ningún xénero.

Pero tamén estará unha das revolucións da música galega actual, como é o xalleiro LG1DO.

A edición de 2026 aínda ten programación por desvelar: novas confirmacións, actividades paralelas e contidos repartidos pola cidade que ampliarán o marco dos concertos do parque.

“Beatout sempre naceu de mirar un pouco antes. Interésanos ese momento no que unha artista, unha canción ou unha escena comezan a moverse e aínda conservan
algo vivo, algo que non está completamente explicado. Esta nova edición quere levar esa intuición a unha semana enteira na Coruña”, sinalan desde a organización.

ÚLTIMAS

Tito Pérez lanza “Rumbo Fendido”: “A emigración de xente moza con moita preparación é un tema infrarrepresentado na literatura”

Coñecémolo dende que sacou en 2023 O Latexar do Barrio, unha ollada de relatos...

Este venres A Coruña abordará a aprobación de cinco novas rutas aéreas nacionais

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recalcou que a cidade herculina aposta por recuperar...

12 novas citas musicais para o porto coruñés

Segue pechado o porto de Batería para que as iniciativas privadas aproveiten e moneticen...

Escalando cos avós

O Rocódromo de Riazor acollerá o próximo venres, 24 de xullo, unha xornada de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here