InicioCULTURAO Cine con Orgullo invade dende hoxe o Campo da Leña

O Cine con Orgullo invade dende hoxe o Campo da Leña

Publicada o

Por Redacción

A Coruña volta desfrutar do único ciclo de cine LGTBIQ+ ao aire libre que se celebra na cidade desde hai sete anos: o Ciclo Cinema con Orgullo, enmarcado dentro da programación do Concello Coruña Orgullosa. Celebrando a Diversidade con motivo do mes do Orgullo LGTBIQ+. Esta edición celebrarase desde este mércores 1 ao venres 3 de xullo a partir das 22h na praza do Campo da Leña coas proxeccións de películas en versión orixinal subtitulada, cunha performance poética a cargo de Samuel Merino durante a primeira xornada e coloquio coa directora dunha das obras, Anxos Fazáns.

Filmes recentes galegos, cataláns e canadenses.

A selección deste ano, difundidas nos últimos meses, con dúas estreas en Galicia (Un altre home e Montrèal, ma belle) e unha película nomeada en once candidaturas dos Mestre Mateo (As liñas descontinuas), amosa unha ampla representatividade das identidades e cuestión universais como as relacións de parella ou a amizade.

  • Mércores 1 de xullo: Un altre home (2025, España/Catalunya, tráiler). Dirixida por David Moragas, trátase dun drama romántico dunha parella na súa trintena e dos conflitos arredor das expectativas e da perda.
  • Xoves 2 de xullo: Montréal, ma belle (2025, Canadá, tráiler). Dirixida por Xiaodan He, relata a historia dunha inmigrante chinesa de 53 anos que experimenta un cambio de vida a partir de coñecer a Camille, unha quebequesa que lle fará darlle a volta ao seu matrimonio.
  • Venres 3 de xullo: As liñas descontinuas (2025, Galicia, tráiler). Dirixida por Anxos Fazáns, sitúa o centro do argumento na relación de amizade que se traza en estrañas circunstancias entre unha muller de cincuenta anos e un home trans de vinteoito. A película foi nomeada a once candidaturas nos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego. A directora participará nun coloquio inicial antes da proxección.

Máis novas con Orgullo

A Coruña celebra a diversidade con Orgullo

Azúcar Moreno, Soraya e María Isabel encabezan as novas confirmacións do Atlantic Pride 2026

ÚLTIMAS

Un pleno de acordos e desacordos sobre vivenda, escolas infantís e a Fundación Luís Seoane

Celébrase esta mañá de xoves 1 de outubro un novo pleno no Pazo de...

Un mural colectivo para o Parque do Observatorio na “Festa dos Coidados”

Continua vivo o proxecto «Agra: un barrio de coidados», desenvolto por Arquitectura Sen Fronteiras...

Ana Ramil guía este domingo un novo roteiro literario da AELG dende “a coiraza do Orzán”

O Roteiro Onde baten as ondas do meu corazón, guiado por Ana Ramil, vai...

O Padroado da Fundación Luís Seoane volverá lanzar un proceso de selección da dirección en decembro

Esta pasada tarde de mércores 30 de setembro, coincidindo cos novos actos do festival...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here