InicioCULTURAUnha semana de actividades en San Andrés na Feira do Libro Anarquista

Unha semana de actividades en San Andrés na Feira do Libro Anarquista

Publicada o

Por Redacción

A V Feira do Libro Anarquista da Coruña (FLAC), organizada por Refuxios da Memoria, Bastiana Editora, Ardora (s)ediçons anarquistas, o Seminario de Estudos Libertarios Galegos (SELG) e Xesta Organización Anarquista Galega, toma este ano o anarquismo e país como fío condutor da súa programación, que ao longo de case unha semana porá sobre a mesa debates arredor da cuestión nacional e o independentismo aplicados á Galicia actual.

O encontro, que se celebra principalmente na praza de San Andrés, combina como en edicións anteriores presentacións editoriais, mesas redondas, un mercado do libro con máis de vinte postos e unha exposición comisionada pola CNT.

Feira de libros

Ao longo da fin de semana funcionará o mercado do libro, con máis de vinte postos editoriais e de colectivos, instalado na contorna de San Andrés. O horario será de 11.00 a 21.00 horas o sábado 4 e de 11.00 a 15.00 horas o domingo 5. En caso de choiva, a feira trasladarase ao Circo de Artesáns. Neste espazo do Circo é onde estará dispoñible durante todo o mes de xullo a exposición “Tinta: Unha historia do fanzine libertario” aberta no horario do propio Circo.

Venres 3 de xullo

A feira arrinca no Circo de Artesáns (rúa San Andrés, 36) coa inauguración, ás 19.00 horas, da exposición “Tinta: Unha historia do fanzine libertario”, coa que a CNT que percorre a produción fanzineira do movemento libertario desde 1976 ata hoxe. Unha hora despois, ás 20.00, terá lugar a mesa redonda “Independentismo, quo vadis?”, primeiro dos espazos de debate centrados na temática desta edición coa colaboración interxeracional de militantes deste movemento.

Sábado 4 de xullo

A xornada do sábado, na praza de San Andrés, ábrese ás 12.00 horas coa relatorio “El Porvenir e o pensamento do soberanismo galego primixénio”, a cargo de César Caramés, e continúa pola tarde, ás 16.00, coas presentacións de “Londres Sarajevo” e “Los perros de Tánger”.
Ás 17.00 horas chega un dos momentos centrais da feira: o diálogo entre revistas anarquistas, no que participarán SELG, CEAG, Estudios, Esporas e A Ideia, cunha quenda individual para cada publicación antes do debate conxunto. Ás 19.30 horas será a presentación de “Razones de la revuelta” e, xa pola noite, ás 21.00, un espazo aberto na Cova Céltica (rúa Orzán, 82) para micropresentacións das editoriais.

Domingo 5 de xullo

O domingo, tamén na praza de San Andrés, o programa céntrase ás 12.00 horas na presentación de “Polas vítimas de onte, xustiza!”. A feira de libros, instalada desde o sábado, permanecerá aberta este día de 11.00 a 15.00 horas.

Xoves 9 de xullo

A actividade trasládase ao CS Gomes Gaioso (rúa Marconi, 9), onde ás 19.00 horas se celebrará a palestra “A hipótese colonial na Galiza de hoxe” en colaboración co Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos, na uqe participarán Diego Sande Vega, Xesta Organización Anarquista Galega e a Coordinadora da Mocidade Socialista.

Venres 10 de xullo: Día das Mapoulas

A FLAC pecha, como no ano anterior, co Día das Mapoulas, que comezará na rúa Pedro Galván Calvete (detrás do cárcere) ás 19.00 horas. A xornada inclúe o tradicional roteiro polos espazos de memoria libertaria das Atochas-Monte Alto, que percorre os lugares vinculados á historia do movemento libertario neste barrio coruñés, este ano, centrado no antifascismo e a autoorganización veciñal.

A organización anarquista galega Xesta preséntase na Coruña

ÚLTIMAS

Ecos do Sur dá un paso á fronte na problemática da vivenda: “É fundamental acompañar aos máis vulnerables no proceso de adquisición dunha vivenda”

“Levamos 35 anos traballando con persoas en situación de vulnerabilidade”, afirmaba Ana Ulloa, a...

Lage aposta por crear un consorcio de transportes metropolitano “cooperativo” entre A Coruña e a súa área

O concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica e portavoz do goberno municipal da Coruña,...

O Cine con Orgullo invade dende hoxe o Campo da Leña

A Coruña volta desfrutar do único ciclo de cine LGTBIQ+ ao aire libre que...

Foxen dun control, teñen un accidente en Cambre e dan positivo no test de alcoholemia

A Garda Civil logrou esclarecer un accidente ocorrido o pasado mes de abril en...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here