InicioCULLEREDOO Burgo volve á Idade Media co seu tradicional Mercado Templario

O Burgo volve á Idade Media co seu tradicional Mercado Templario

Publicada o

Por Redacción

Arrincou este mércores o primeiro dos 5 días de Mercado Templario do Burgo. Ata o domingo, o paseo marítimo da vila ofrece unha viaxe histórica á idade media neste evento organizado polo Concello en colaboración con Lucus Events

O programa inclúe música en directo, animación nas rúas, espectáculos, unha ampla zona infantil e demostracións de artesanía.

O programa reúne personaxes e compañías de todo tipo: bufóns, seres mitolóxicos e figuras únicas como o trasno Froilán, Don Emérito dos Bosques e Frei Marcelino. A música correrá a cargo de artistas como Os Brinqueiros, Ramalleira, Gaeloc e Trebaruna. Os nenos pequenos terán unha ampla zona infantil con xogos, obradoiros e atraccións. Comida e artesanía completarán un evento deseñado para todas as idades.

Mercado Templario de Culleredo
Así estaba xa onte o Mercado Templario de Culleredo

O xoves estará aberto de 17:00 a 23:00 horas; o venres e o sábado, de 11:00 a 23:30 horas; e o domingo, de 11:00 a 23:00 horas. A inauguración oficial terá lugar o xoves 2 ás 20:30 horas.

O programa oficial completo pódese consultar na páxina web do evento: https://www.mercadotemplariooburgodofaro.cloud/

Mercado Templario de Culleredo 226

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here