Non baixa a indognación do deportivismo ante a saída da campaña de abonados. Ademais, o cabreo vai por bandas, ou por bancadas. Se por Pabellón consideran inaudito o aumento do 68% no prezo do carnet, como nos contaba un socio nunha carta enviada ao club, por Maratón Inferior a cousa vai traer consecuencias.
Como avisaban dende esta tarde de mércores tralo envío dun correo cunha marea de esixencias que unicamente afectan aos 4.000 socios desta grada, a Federación de Peñas, os Riazor Blues e os Old Faces convocaban unha asemblea aberta ao acubillo da Torre de Maratón para esta pasada tarde de xoves.
Pasadas as 20:00h, o voceiro das entidades agradecía a resposta de milleiros de afeccionados e comezaba xa criticando a “culpabilidación colectiva” que o club decide lanzar contra unha grada tremendamente diversa, na que van os Riazor Blues, pero tamén familias e socios veteranos con ducias de anos de antigüidade.
Os colectivos invitaron aos socios da grada a non renovar o abono (teñen a obriga de ir presencialmente e co DNI na man) ata ter unha resposta ao club.
Ao tempo anunciaron que están estudiando con abogados a posibilidade de presentar unha denuncia por vulneración de dereitos. Ante os aplausos dos afeccionados, e os cánticos clásicos dos Blues e recordos a Tebas, anunciaron a convocatoria dunha manifestación para a vindeira semana, que irán anunciando nas redes sociais a través dunha campaña de visibilización.
”O noso deportivismo é incondicional”, relatou un dos voceiros, ao que respondeu o público cun rotundo #ODeporsomosNós, pedindo tamén que se poida ceder o teu carnet a un curmán ou a un amigo, outra das posibles prohibicións que vai intentar instalar o club nesta grada.
A convocatoria está a ser apoiada pola Federación de Peñas, o que reforza a mensaxe de que ten que ser unha loita de todo o deportivismo, non só dos abonados da antiga curva de General.
View this post on Instagram
Máis novas
A carta protesta dun socio cabreado ante a campaña de abonados do Dépor

