InicioA CORUÑAIndignación no deportivismo ante a nova campaña de abonados e as esixencias...

Indignación no deportivismo ante a nova campaña de abonados e as esixencias aos socios de Maratón Inf.

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Era esperada a saída da campaña de abonados do RC Deportivo A Coruña 26-27. Como era esperada unha subida nos prezos unha vez alcanzada a 1ª División. O que non agardaban os socios son subidas de entre o 35% e ata o 70% como acontece en zonas como Pabellón ou Maratón, que xa enchen de correos de protestas a Oficina de Atención ao Deportivista (atencion.deportivista@rcdeportivo.es)

Un abonado de Pabellón pasa de 285 a 480€, cando hai 8 anos, aínda en 1ª División, pagaban 270€ polo seu asento en Riazor. “Entendemos unha actualización dos prezos, pero as subas que superan o 60% están totalmente fóra de lugar. Coidar o deportivismo é respectar a quen nunca deixou de estar. O Dépor somos nós”, reaccionaba a Federación de Peñas nas redes.

En realidade, estes prezos afectarán principalmente aos abonados, unha vez que case non haberá novas altas. Unha opaca lista de espera leva anos esperando que se abran novas prazas de socios, e no caso de que as haxa, o prazo de apertura para os novos abonados abrirase o 24 de agosto, despois da celebración da 1ª xornada de liga…

Taboa da subida de prezos dos abonados do RC Deportivo 26:27
Taboa da subida de prezos dos abonados do RC Deportivo 26:27

Taboa de prezos dos abonados do RC Deportivo 26:27

Esixencia de asistencia

Unha das importantes novidades deste novo curso será a esixencia da asistencia a Riazor. O Club envía unha misiva que chama Compromiso de asistencia co argumento de manter cheo Riazor, impulsado un sistema no que establece que os socios terán que usar o carnet alomenos en 15 dos 19 partidos para “acceder a condicións preferentes de renovación”. De primeiras si permite a cesión do abono a un amigo/familiar (veremos como se fai en Maratón Inf. coa obrigación de identificar aos abonados) ou a súa liberación a través da APP do club.

Indignación en Maratón Inf.

Seguindo na política de criminalización do grupo de animación desta cidade, a directiva fai unha distinción cos 4.000 socios de Maratón Inferior, bancada que terá un Réxime de Condicións Especiais. Onte, antes da saída da campaña, os socios desta bancada (na que están os Riazor Blues, pero tamén moitísmas familias de veteranos abonados), recibiron un longuísimo correo cunha serie de “condicións específicas e reforzadas de identificación, acceso, permanencia, control e comportamento”, que a Fed. de Peñas, os Old Faces e os Riazor Blues consideran “abusivas e disparatadas”, como sinalaron onte nun duro comunicado.

De primeiras, os socios de Maratón Inf. serán os únicos que terán que renovar o carnet presencialmente, deixando unha copia do DNI. O club avisa que manterá un control absoluto da bancada, e que mesmo unha persoa do club será a que decida os cánticos e os tifos. Entre outras medidas informan que poderán facer controles aleatorios en calquera momento do partido, e avisan que te poderán cambiar de grada en calquera momento.

Asemblea informativa

”A directiva xogou o seu partido e non respectou a nosa paixón. Agora nós tamén debemos mostrar que somos a mellor afección cunha reacción á altura”. Así reacciona a Federación de Peñas que convoca para hoxe xoves 9 de xullo unha concentración ás 20:00h na Torre de Maratón.

Máis novas branquiazuis

Os novos nenos do ascenso: a esperanza é branquiazul

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Antiviolencia propón o peche de Riazor durante un mes pola invasión do campo ante o ascenso do Deportivo

ÚLTIMAS

Tito Pérez lanza “Rumbo Fendido”: “A emigración de xente moza con moita preparación é un tema infrarrepresentado na literatura”

Coñecémolo dende que sacou en 2023 O Latexar do Barrio, unha ollada de relatos...

Este venres A Coruña abordará a aprobación de cinco novas rutas aéreas nacionais

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recalcou que a cidade herculina aposta por recuperar...

12 novas citas musicais para o porto coruñés

Segue pechado o porto de Batería para que as iniciativas privadas aproveiten e moneticen...

Escalando cos avós

O Rocódromo de Riazor acollerá o próximo venres, 24 de xullo, unha xornada de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here