InicioA CORUÑAO Dépor xa é "da Coruña": "Fixemos historia"

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante proposta polo club que #ODéporédaCoruña!!

A consulta contou cunha participación do 55,96% sobre o censo de abonados con dereito a voto e arroxou un resultado favorable á modificación do topónimmo nunha porcentaxe superior ao 79,41% dos votos validamente emitidos.

Así o confirmou o club na Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas celebrada esta mesma mañá de martes, na que se aprobou a adecuación da denominación social do Club ás disposicións da Lei 2/1998, que establece a obriga de utilizar a denominación “A Coruña” para referirse ao topónimo da cidade, adecuando a denominación social ao marco legal vixente.

Unha vitoria da mocidade

Rolda Deportivo da Coruna.Foto-JaviQuiroga_003
A rapazada do Rafael Dieste ao carón do novo sinal da Rolda Deportivo da Coruña en xuño de 2025. Foto: Javi Quiroga

Culmina así o desafío lanzado hai ano e medio dende a mocidade do IES Rafael Dieste. No marco da campaña #Aquítaménsefala a mocidade herculina conseguíu convencer a toda unha cidade que este era o momento de galeguizar o nome dun club centenario.

Alberto Pombo, director do centro de Labañou e un dos impulsores da campaña recoñece que “somos conscientes de que fixemos historia. E eramos conscientes tamén de que os números ían ser, como foron, rotundos. O que hoxe celebramos todo o deportivismo non naceu nun despacho nin foi impulsado desde arriba. Naceu da iniciativa dun grupo de rapaces e rapazas que, desde as aulas dun instituto, foron quen de poñer enriba da mesa unha reivindicación que levaba anos latexando no corazón da cidade”.

“Por iso, se hoxe estamos felices de que o Deportivo dese este paso, estamos aínda máis orgullosos de que o fixese da man da mocidade. Porque estes estudantes demostraron que a idade non determina a capacidade de transformar a realidade, e que as grandes ideas poden nacer nos lugares máis humildes.
Hoxe gaña o Deportivo, gaña A Coruña e gaña tamén unha xeración de mozos e mozas que demostraron que o futuro se constrúe desde as aulas”.

Máis novas

O proxecto #ODéporédaCoruña, recoñecido nos VII Premios Mil Primaveras da CTNL

Os mestres do #Aquítaménsefala, o proxecto educativo do IES Rafael Dieste, finalistas do premio estatal “Docentes Referentes”

O Dépor galeguizará en maio o seu nome. A mocidade fai historia

ÚLTIMAS

Conclúe sen achegamento de posturas a primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na Coruña

A primeira reunión con mediación entre sindicatos e patronal do metal na provincia da...

O Concello reforza a campaña de limpeza e concienciación por San Xoán

O Concello da Coruña reforzará a campaña de limpeza e de concienciación con motivo...

Aitor Fornos celebra o seu triunfo en EscapeMotor

Este pasado xoves,  o programa sobre os deportes motor SKPMotor da Cuac FM tivo...

As primeiras xornadas da folga no comercio de alimentación deixan “tendas e almacéns en mínimos”

As dúas primeiras xornadas de folga no comercio de alimentación da Coruña deixan "tendas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here