InicioA CORUÑAFestas, libros, arte, música, eclipse. Arrincou un agosto do cine na Coruña

Festas, libros, arte, música, eclipse. Arrincou un agosto do cine na Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este sábado arrincou o mes de agosto na Coruña, o mes onde pasa todo. Lucía Veiga, co seu sentido e comprometido pregón daba conta do comezo das Festas de María Pita 2026, e con elas a Feira do Libro e a MostrArt, e os próximos Fesstival Noroeste e Viñetas dende o Atlántico.

Pregon de Lucia Veiga e Ines Rey
Lucía Veiga e Ines Rey abrindo as festas dende María Pita

No seu pregón, Lucía Veiga reivindicou a identidade coruñesa como unha forma de pertenza que vai moito máis alá da orixe. A actriz apelou ao sentimento compartido de quen escollen a cidade como fogar e defendeu que ser coruñés ou coruñesa “é unha cuestión dealma, unha elección, un sentimento”. A pregoeira mesmo asinou un termo: CTA, ou coruñés/a de toda a alma. Veiga lembrou que todas as persoas que cruzan a Ponte Pasaxe “corren o perigo de quedar prendidas desta cidade” e destacou a capacidade da Coruña para conquistar a quen a habita.
A pregoeira, natural dos Mallos, puxo tamén en valor o carácter aberto, resiliente e acolledor da cidade, reivindicando a cultura como un elemento esencial da vida colectiva. “Cultura sempre”, proclamou durante a súa intervención, animando a coruñeses e coruñesas a non renunciar nunca a ela por ser unha ferramenta que “abre as mentes e ensancha os corazóns”.

De contado, outra ilustre herculina como Luz Casal, foi encargada de abrir o programa das Noites de María Pita ante unha praza chea de público. A cantante galega presentou en directo ‘Me voy a permitir’, o seu último espectáculo.

Feira do Libro e MostrART

A apertura de Mostrart e da Feira do Libro da Coruña marcaba tamén un fito no ano herculino. Ao longo de todo o mes de agosto, os Xardíns de Méndez Núñez, aínda afectados polas obras dos Cantóns, acollen os postos da 42ª edición da mostra de Artesanía… Ata o 30 de agosto, os Xardíns de Méndez Núñez acollerán máis de 65 artesáns e artesás distribuídos en 45 casetas, cunha ampla representación da artesanía contemporánea galega e estatal.

Tamén tivo lugar a Feira do Libro da Coruña, que permanecerá aberta ata o 10 de agosto coa participación de 38 librarías da cidade e do conxunto de Galicia. Bea Lema foi a pregoeira.

Noroeste e moito máis

Mentres María Pita seguirá enchendo a praza cada noite con actuacións, este mércores arrinca unha das citas máis esperadas do ano. Malia esquecer, incomprensiblemente, as sesións vermú do venres e sábado, esta 39ª chega variada e moi coruñenta.

O mércores 12 de agosto (ás 20:28) chega outra das citas marcadas en vermello no calendario: a eclipse total, con Coruña sendo un dos mellores sitios do planeta para gozalo na súa totalidade, a pesar da contraprogramación do Teresa Herrera, que enfrontará ao Dépor e ao Real Madrid ás 21:00h.

Ademais, o 14 e 15 de agosto toca o Festival Electrónica Coruña no Parque de Santa Margarida.

Toda a info:

Máis novas da Axenda herculina

O Festival Noroeste presenta a súa programación por días e espazos

A Coruña abre as portas da maior Feira do Libro de Galicia

En marcha a edición máis social e reivindicativa da historia do Viñetas do Atlántico

A Coruña volve ser epicentro de música electrónica cunha nova edición do FEC

 

12 novas citas musicais para o porto coruñés

ÚLTIMAS

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña denuncia “continuos atrasos” nas obras de ampliación do Chuac

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña e Cee denunciou "continuos atrasos"...

Os coidados, de novo á palestra no VIII Encontro de Mulleres Coidadoras

A Fundación Mujeres organizou onte o VIII Encontro de Mulleres Coidadoras na Biblioteca Pública...

Doce persoas detidas e unha rede de narcotráfico desmantelada en Galicia

Nova operación contra o narcotráfico en Galicia. Membros do Equipo de Delincuencia Organizada e...

En marcha as obras de mellora da accesibilidade no Castro de Elviña

O Concello comezou as obras do proxecto de acondicionamento e mellora da accesibilidade no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here