InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOO BOE publica a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de...

O BOE publica a declaración do Pazo de Meirás como Lugar de Memoria Democrática

Publicada o

Por europapress

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou a declaración do Pazo de Meirás, situado no municipio de Sada (A Coruña), como lugar de memoria democrática ao consideralo como “un dos espazos máis significativos para comprender a historia contemporánea de Galicia e de España”. Deste xeito, o Pazo é o primeiro lugar de Galicia que acada a categoría de Lugar de Memoria de acordo co recollido na Lei de Memoria Democrática (Lei 20/2022).

A resolución apunta que a traxectoria histórica do Pazo de Meirás “está estreitamente vinculada a dúas realidades de enorme transcendencia e moi diferente significado”: a figura de Emilia Pardo Bazán, “unha das escritoras máis relevantes da literatura española contemporánea”, e a ditadura franquista, “que converteu o inmoble nun dos seus principais símbolos de poder”.

Segundo o BOE, durante a Segunda República Meirás quedou asociado a sectores políticos e sociais “contrarios ao novo réxime democrático e foi así mesmo escenario de conflitos agrarios que reflectían as profundas tensións sociais e políticas do período”. “Algúns membros da familia participaron en conspiracións antirrepublicanas relacionadas cos procesos golpistas de 1932 e 1936, convertendo o lugar nun escenario representativo das fracturas que precederon á Guerra de España”, expón,

Así, argumenta que a dimensión destes sucesos “converte a Meirás nun lugar esencial para a memoria democrática” cando ademais, en plena Guerra Civil, constitúese o 3 de marzo de 1938 a denominada ‘Xunta Prol-Pazo do Caudillo’, integrada polo gobernador civil da Coruña e diversas autoridades provinciais e locais, con “o obxectivo de adquirir o inmoble para entregarllo a Francisco Franco”. “A operación financiouse mediante achegas forzosas impostas a concellos, funcionarios e particulares, nun contexto de represión e coacción política”, lembra.

PROCESO REPRESIVO

O BOE indica que durante o proceso de acondicionamento do pazo ampliáronse os terreos “mediante técnicas represivas e coactivas”, que desposuíron aos lexítimos propietarios das leiras lindeiras. Ademais, efectuáronse “apropiacións de recursos públicos e privados, desde estatuas románicas a pilas bautismales, tapices, etc.”.

“Ao ser utilizado polo ditador como residencia oficial estival, adquiriu unha función política, de explicación da natureza do franquismo e da represión; unha función simbólica, de representación, e tivo un gran impacto na vida local, incluída a articulación de redes locais e provinciais do poder franquista”, prosegue a argumentación.

O 2 de setembro de 2020, o Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, tras unha demanda presentada por Avogacía do Estado, sentenciou que o Pazo era propiedade do Estado, declarando nula e sen efecto a doazón persoal do mesmo a Franco á súa familia.

Dous meses despois cumpriuse a sentenza e, desde o 10 de decembro de 2020, deixou de ser propiedade da familia Franco e pasou a ser patrimonio do Estado. A sentenza foi corroborada pola Audiencia Provincial da Coruña, o 12 de febreiro de 2021, e polo Xulgado de Primeira Instancia número 70 de Madrid, que, o 7 de novembro de 2024, outorgou á Administración Xeral do Estado a totalidade dos bens reclamados.

Valoracion da CMHR

Para a a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, “esta valoración positiva desta resolución ten aspectos tamén difíciles de comprender para a nosa asociación. Non se entende como a Secretaria de Estado de Memoria excluiu na participación deste proceso ao memorialismo galego, que non esquezamos, foi o impulsor e principal actor na reclamación para que o Pazo de Meirás, xunto coa illa de San Simón, fosen declarados lugares de Memoria”.

A CRMH da Coruña, quere valorar os seguintes aspectos a respecto da resolución:

  • O nome histórico e social deste ben é “Pazo de Meirás”. A denominación escollida na resolución para este ben é o do conxunto da  arroquia, isto é “Meirás”. Esta modificación, atenta claramente coa identidade do ben, e polo tanto coa denominación que vincula a memoria cun lugar concreto, que repetimos, sempre foi coñecido como Pazo de Meirás. Unha decisión esta relevante e importante, que afecta claramente a identificación deste lugar coa Memoria.
  • O relato histórico desta resolución recolle que en Meirás houbo ampliación de terras mediante “apropiacións e expropiacións”. Queremos lembrar unha vez máis, que o ben que recupera o Estado é o que esta dentro do perímetro dos muros do Pazo de Meirás. Dentro deste ben, non houbo ningunha expropiación. Só apropiacións. Outra cousa é fora de muros, onde o Estado, ou ben por chegar demasiado tarde, ou ben por pasividade deste, teñan relatos diferentes. Todos eles vinculados á impunidade do franquismo que o relato da resolución non cita.
  • Esquece a resolución un feito nada menor. O Pazo de Meirás está declarado como Ben de Interese Cultural coa categoría de sitio histórico, e isto ten consecuencias (como por exemplo a apertura ao público) que a parte resolutiva esquece. Non se cita tampouco nada ao respecto das medidas de protección e difusión, as medidas que se adoptarán ao respecto da xestións e usos que se darán no Pazo de Meirás.

Máis novas do Pazo de Meirás

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

A CRMH denuncia que o propio estado incumple a lei de apertura de portas do Pazo de Meirás

 

Só ás couzas quedan na Casa Cornide

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...