InicioA CORUÑAUn verán sen rebequita

Un verán sen rebequita

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Os que xa temos unha idade nesta cidade non lembramos un verán coma este. Non lembramos baixar as Noites de María Pita ou mesmo ao Pop-Rock de Riazor sen unha rebequita, como rezaban os mandamentos das nosas nais. Non lembramos durmir coa fiestra aberta e sen colcha. Non lembramos pasar frío volvendo da auga ás Terceiras do Orzán.

Pero apenas nesta penúltima semana de agosto a cidade comezou a vivir nunhas temperaturas habituais para este refuxio climático. Porque os datos deixan claro que estamos ante un verán atípico. Segundo nos contan dende InforMET, o mes de xullo de 2026 comportouse de maneira extremadamente cálida e moi seca. De feito, a temperatura media do mes foi de 21,8 °C, o que supón unha anomalía positiva de 2,3 °C respecto ao período de referencia
1996-2025. Ademais, a precipitación total foi un 93% inferior ao normal no mes de xullo das últimas dúas décadas.

Informe meteoroloxico de InforMET do mes de xullo 2026 en A COruna
Informe meteorolóxico de InforMET

En conxunto, o mes clasifícase como extremadamente cálido ao superar o máximo do período de referencia das dúas últimas décadas. Avaliamos con eles o informe meteorolóxico que recolle os datos observados por AEMET.

As temperaturas mínimas

Os datos das temperaturas son tremendos, alcanzando o 5 de xullo os 33,9º. Pero máis que fixarnos nas temperaturas máximas, cómpre poñer o foco nas temperaturas mínimas. Ese mesmo 5 de agosto, os 20,2º de temperatura mínima sitúase entre as 10 máis cálidas da serie histórica de xullo.

I é que A Coruña non baixou durante xullo dos 17,2º, as temperaturas mínimas rexistradas ao longo do mes os días 7 e 26. E a temperatura mínima media en xullo de 2026 foi de 18,3 °C. O valor normal para este mes é de 16,3 °C, o que supón unha anomalía de +2,0 °C.

Un aumento que se nota tamén nas máximas, alcanzando unha media de 25,2 °C (o anterior récord foron os 24,5º de 2006). O valor normal para este mes é de 22,6 °C, o que supón unha anomalía de +2,6 °C, e a media do mesmo 5 de xullo, os 27,05 °C, sitúase entre as 10 máis cálidas da serie histórica do mes.

Apenas 2 días de precipitacións

Durante xullo só choveu 2 días, cando o habitual é que choivan 9 días. A precipitación acumulada durante xullo de 2026 foi de 2,0 mm, fronte aos 30,0 mm normais para este mes, explican dende InforMET. A anomalía resultante de- 28,0 mm (- 93%) sitúa ao mes no percentil 7,2, o que permite clasificalo como un mes moi seco en termos de precipitación acumulada.

Na serie histórica, a precipitación total de xullo de 2026 sitúa ao mes entre os máis secos. Ordenando das máis secas ás máis chuviosas, ocupa a posición 4 de 96.

O semestre máis cálido

InforMET avalía tamén os datos do período xaneiro-xullo, que se sitían como o máis cálido da historia cunha temperatura mínima media de 12,7º, por riba dos 12,5º do ano pasado, e contrapoñéndose cos 11,8-11,9º da media dos anos 90.

Outras gráficas  Grafica temperatura en Coruna 12

ÚLTIMAS

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...

Un xulgado da Coruña leva a Europa o cobramento das maletas de cabina de Ryanair, Vueling e Volotea

Un xulgado da Coruña solicitoulle ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que...

As familias do IES Zalaeta consegue paralizar as obras con risco de amianto ata a aprobación dun plan

Continúan as mobilizacións das familias no IES Zalaeta tras unha primeira convulsa semana de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here