InicioDEPORTESE a paz social chegou a Riazor cun minuto máxico

E a paz social chegou a Riazor cun minuto máxico

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Incrible o vivido no minuto 12 en Riazor este domingo no transcurso do partido ante o Valencia. O segundo partido en casa en 1ª División en 8 anos, e o primeiro que chegaba cun ambiente máis amable, despois do terremoto social provocado pola directiva.

A produtiva reunión celebrada este venres entre directiva e os representantes das Peñas (agora si recoñecidos como interlocutores válidos despois de varias intentonas de ningunealos) permitiu que o branquiazul volveuse á bancada de Maratón Inferior. A Federación de Peñas, os Riazor Blues e os Old Faces invitaban á afección a borrar o laranxa protesta (e as camisetas que rezaban “Prisión Maratón Inferior”) e devolver o branquiazul á zona de animación.

O momento de paz estaba previsto para o minuto 12 (o simbólico dorsal da afección) e non puido ser máis especial. Os afeccionados comezaron a quitarse as camisetas laranxas, que usaron como bufandas para comezar a cantar o DaleDé, provocando que todo o estadio se puxese a cantar e saltar como tolos.

Non acabou o primeiro cántico e xusto aí marcou o Dépor nun córner en área contraria, gracias a un centro de Luismi e un remate en propia. Estoupaba Riazor.

De contado Aubameyang demostraba que está para facer historia no Dépor e cunha gran cabalgada tras un pase enorme de Mario definía como as estrellas. Só un regalo de Ede puxo ao Valencia no partido, pero o Dépor, comandando por Mario e Amatucci, era claro dominador.

Na segunda, un xigante Bil (fixo un auténtico partidazo o camerunés) ampliou a renda e certificou a primeira vitoria do Dépor en 1ª tras 8 anos polo barro, así como a volta da paz social.

Máis novas

O convulso retorno do Dépor a Primeira

As protestas contra a directiva e a censura colocan ao Dépor nun crú momento de fractura social

A inxustiza, o relato, e a xentrificación poden levar por diante o mellor momento do Deportivo

ÚLTIMAS

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...

Un xulgado da Coruña leva a Europa o cobramento das maletas de cabina de Ryanair, Vueling e Volotea

Un xulgado da Coruña solicitoulle ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que...

As familias do IES Zalaeta consegue paralizar as obras con risco de amianto ata a aprobación dun plan

Continúan as mobilizacións das familias no IES Zalaeta tras unha primeira convulsa semana de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here