InicioA CORUÑAAs protestas contra a directiva e a censura colocan ao Dépor nun...

As protestas contra a directiva e a censura colocan ao Dépor nun crú momento de fractura social

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Deberían ser tempos de ilusión, coa volta do Dépor á 1ª División. Pero o club e a cidade parecen máis fracturados que nunca. A crise aberta dende as esixencias marcadas aos 4.000 abonados de Maraton Inferior parece seguir medrando, nun proceso no que a directiva parece querer meterse nun calexón sen saída.

Este pasado luns debutaba o Dépor en Riazor na máxima categoría do fútbol estatal 3.000 días despois do último desceso. 8 temporadas pasamos polo barro para poder ver de novo os logos da temida LaLiga. E o que debía ser unha festa convertiuse nunha primeira batalla á vista de todos. A antiga bancada de General (víronse moitas por outras partes do estadio) demostrou o seu rexeitamento a toda esta política de xentrificación e criminalización do club vestindo camisetas laranxas, moitas das compradas ás Peñas convocantes (a pesar dos intentos de facer fracasar a campaña a través da Policía), pero tamén do Basquet Coruña ou mesmo da Holanda de Gullit, como vestía o propio Pacho Dopico.

Durante o partido os Riazor Blues demostraron a súa protesta cos seus silencios e os seus pitidos, pero non faltaron á cita co seu equipo, conscientes de que os xogadores e o equipo seguen estando por riba dos seus mandatarios.

Censura aberta

Máis grave aínda tornouse a situación cando en zona mixta, aparecía Ximo a responder as preguntas dos xornalistas. Foi Xavi Torres, da CTVG, o único que se atreveu a preguntar sobre a situación vivida no eido extradeportivo ao que saltou inmediatamente un dos responsables de prensa do club cun rotundo ”Pregunta non procedente”, dando practicamente por pechada a rolda de prensa do lateral branquiazul e deixando coa boca aberta ao resto de xornalistas.

As queixas ao longo deste martes nas redes sociaisi foron continuas e hai moita expectación ante a rolda de prensa que teoricamente vai dar Antonio Hidalgo este mércores.

Novo Depor sen o Depor-Imaxe de Anton Lezcano
Imaxe creada por Antón Lezcano que define a situación do Real Club Deportivo da Coruña e a súa afección

Criminalización

A cousa tornouse aínda máis complexa ao longo da tarde. Volveu o club afondar na criminalización da afección, e iso é algo que doe e moito entre todos os siareiros branquiauzuis, e que está a xerar mesmo desunión entre diferentes sectores da mesma. A estratexia comenzada polo equipo de Manu Sainz e Mássimo Benassi parece enfocada a deslixitimar a representación da afección que ata agora recaía sobre a Federación de Peñas unha vez que esta se postulou cos Riazor Blues e cos Old Faces, provocando ademais unha fractura no seo do deportivismo.

Ao longo deste luns houbo dous comunicados nesta liña. Primeiro, facíase público unha resposta oficial do club a un socio trala instalación dunha nova cámara de televisión en plena Tribuna Superior, ao carón do palco pero xusto diante de varios asentos vendidos a socios deportivistas. O club aseguraba que o profesional non puido estar gravando polas “increpancias” dos propios socios.

Pero é que ao longo da tarde, o Club publicaba un comunicado no que aseguraba que se ve obrigado a tomar medidas para protexer a varios xogadores tras unhas teóticas increpancias botadas por un par de energúmentos a Mella e Villares.

As Peñas respondían con outro comunicado no que consideran “ridícula a fuxida para adiante” do club, poñendo o foco en Benassi, pedindo liberdade de expresión e tendendo a man para unha solución para Maratón Inferior.

A centrificación

Polo camiño crúzanse outros aspectos que está separando o club dos verdadeiros afeccionados, como as 8 zonas hostaleiras de máxima calidade que ofrece o club e que tanto contrastan co abandono dos baños e de moitos asentos, por non falar do diferente trato co alcohol entre unhas zonas e outras.

Resulta dificilmente entendible que neste momento, que debería ser de calma e ilusión polo equipo conformado para competir na 1ª, A Coruña estea vivindo esta estrana situación.

Máis novas

A inxustiza, o relato, e a xentrificación poden levar por diante o mellor momento do Deportivo

As peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

 

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here