InicioA CORUÑAAs peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

As peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Está dividido o deportivismo. Así se demostrou este xoves na manifestación convocada pola Federación de Peñas, Riazor Blues e Old Faces, tralo comezo do proceso de xentrificación que parece querer lanzar o club.

Cando todo parecía en calma, o club viña de cambiar o topónimo, xa anunciaba fichaxes importantes, a paz rompíase cun correo enviado só aos socios de Maratón Inferior. Un correo que provocaba unha ondada de indignación, que se fixeron patentes en centos de cartas como a que nos enviaba Marcos García Patiño.

As dúas peñas de Maratón co amparo da Federación que aglutina e representan aos centos de peñas espalladas polo mundo, realizaban unha asemblea aberta na Torre de Maratón o pasado xoves, na que se decidiu convocar unha manifestación para este xoves 16.

Polo camiño, para intentar calmar as augas, o club enviaba un correo o pasado mércores no que aseguraba que ía reducir a esixencias e que ía permitir por exemplo renovar o carnet a través de internet (ao tempo que invitaba a certos medios da cidade para trasladar a idea de que as medidas son impostas pola Liga), a pesar de que a sinatura presencial segue sendo obrigatoria. Unha nova trampa que non gustou nada aos 4.000 abonados da antiga General.

Arredor das 2.000 persoas na Praza de Pontevedra

Con esta situación, unhas 2.000 persoas acodían á chamada das Peñas e trala pancarta de ‘O Dépor somos nos’, percorrían o treito entre a Praza de Pontevedra e a sede de Abanca na Rúa Nova con San Andrés,

Manifesto ante a “criminalización”

Ás portas da sede, leron un manifesto, no que ante todo denunciaron a criminalización que supón impoñer unhas medidas específicas a toda unha bancada, lembrando que Riazor non ten unha grada de animación propiamente dita, senón que o grupo de animación, os Riazor Blues, comparten bancada con familias e persoas de todas as idades.

”As novas normas rompen coa estabilidade que existía na familia deportivista, creando unha fractura social sen precedentes e desfacendo a unión tan necesaria para acadar o éxito. As condicións ás que nos queren someter supoñen unha criminalización e unha discriminación para Marathon Inferior”, sinalaron con rotundida.

Non esqueceron apuntar que levan apoiando ao club nas boas e nas malas. Criticaron a indignante subida de prezos xeralizada, e non pasaron por alto esixencias concretas como a de non poder compartir o carnet con familiares ou amizades cando un non poida asistir.

Os participantes acabaron cantando “Depor si, Abanca non”, o que demostra a total fractura do deportivismo.

Máis novas

A inxustiza, o relato, e a xentrificación poden levar por diante o mellor momento do Deportivo

A carta protesta dun socio cabreado ante a campaña de abonados do Dépor

Indignación no deportivismo ante a nova campaña de abonados e as esixencias aos socios de Maratón Inf.

ÚLTIMAS

Denuncian o colapso en Urxencias do Chuac mentres a xerencia sinala “unha demanda superior á habitual”

CIG-Saúde alertou dun colapso en Urxencias do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) mentres...

O PP da Coruña reclama ao Goberno un plan ferroviario urxente e investimentos para Alvedro

O PP da Coruña reclamou ao Goberno central novas actuacións en materia de infraestruturas...

A Policía detén un home tras roubar con violencia 50 euros a unha muller de máis de 80 anos

Axentes da Policía Nacional detiveron este luns na Coruña un home acusado dun roubo...

A Cámara da Coruña reforza o apoio ás empresas galegas que buscan abrirse a novos mercados

A Cámara de Comercio da Coruña está a impulsar un servizo de asesoramento internacional...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here