Desenvólvese esta mañá de xoves 10 de setembro un novo pleno no pazo de María Pita. Un dos puntos principais, aprobados por unanimidade, foi a a anulación os acordos de 1962 que permitiron que a inmoble Casa Cornide acabase sendo propiedade do Franco. Unh paso fundamental para seguir recuperando este emblemático edificio (baleiro) para a cidade.
Pero houbo outros moitos puntos que puxeron de manifesto os momentos de tensión entre o grupo de goberno do PSOE e o BNG, trala rotura do seu pacto de goberno a poucos meses das vindeiras eleccións de maio de 2027.
Así, o pleno comezaba co voto en contra de BNG (tras unha longa retaíla de incumprimentos lida por Avia Veira que define o confrontamento entre os dous grupos) na primeira moción urbanística do estudo de detalle probación definitiva do Estudo de detalle da mazá Z4-R17L do SURT 1 San Pedro de Visma.
O voto en contra do BNG trouxo ademais a crítica do PP, que sinalou que a veciñanza vai recordar os seus votos a favor para a aprobación das novas promocións das Xubias, do Parque de Oza, ou do Parque da Agra. O PP votou a favor a pesar de entender que o cometido urbanístico do goberno municipal “está convertindo a cidade nun taboleiro do monopoly”. O edil popular Antonio Deus apuntou tamén que “só 200 estarán en solo público das 1000 vivendas que aseguraba a alcaldesa serán de protección oficial para sempre”.
O voceiro do goberno Lage Tuñas agradeceu a “responsabilidade” do PP e criticou que o BNG non explicou as razóns da negativa.
11.000 vivendas máis
Neste sentido, Lage Tuñas quixo destacar que o goberno traballa para que haia 11.000 vivendas máis antes de 2030, e nomeou as 3.600 en Visma, 2.000 en Xuxán, 4.200 en Monte Mero, 1.000 Parque de Oza e 440 nas Percebeiras, ademais doutros polígonos que se impulsarán nos vindeiros anos.
Comercio
O Pleno do Concello da Coruña non realizou este xoves unha Declaración Institucional en apoio ás traballadoras e traballadores do comercio de alimentación ao ter sido vetada grupo municipal do PP. I é que as declaracións institucionais só son posíbeis se hai acordo entre todos os grupos municipais con representación no Pleno do Concello. Neste caso, foi o BNG quen propuxo a formulación dunha declaración en que se expresase o apoio “ás xustas e lexítimas reivindicacións” do persoal do comercio de alimentación, “ao estar vinculadas á defensa dos seus dereitos laborais, á mellora das condicións de traballo e á obtención dunhas retribucións acordes co esforzo, responsabilidade e contribución esencial que realizan para o funcionamento das súas compañías”. A negativa do PP a asinar a declaración impediu que prosperase o pronunciamento conxunto da Corporación.
Outras mocións
Aprobouse por unanimidade a Moción presentada polo BNG para levar a cabo obras de mellora no Mercado de Monte Alto e no da praza de Lugo.
Tamén se aprobou por unanimidade outra desas mocións que de pouco valerán sobre a mobilidade da cidade.
Nas pregunras, o PP criticou a suciedade que “reina nos barrios”, (Tuñas sinalou que están renovando o Plan de Limpeza, e que unha das melloras será a creación dun sistema de recollida de voluminoso por barrios segundo os días da semana) preguntou polas subvencións de rehabilitación e de ascensores de 2026. Pola súa parte o BNG sacou a colación o continuo goteo de vivendas turísticas.
Máis novas
O pleno da Coruña acorda anular os acordos que permitiron ao Franco obter a Casa Cornide
O BNG rompe o acordo de investidura co PSOE na Coruña a uns meses das eleccións municipais
As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

