Xa está en marcha primeira edición de Colón Cinema, unha nova proposta cultural que converterá o Teatro Colón nunha gran sala de cinema entre os meses de setembro e decembro. O ciclo, dirixido por Javier Trigales, reunirá sete películas fundamentais da historia da sétima arte en versión orixinal subtitulada, acompañadas de coloquios posteriores con recoñecidas personalidades do ámbito cultural.
O ciclo permitirá contemplar obras de cineastas fundamentais como David Lynch, Luis García Berlanga, Andrei Tarkovski, Kenji Mizoguchi, Charles Chaplin, Ingmar Bergman e Agnès Varda, configurando un percorrido por distintas épocas, estilos e tradicións cinematográficas. Cada proxección estará acompañada por unha conversa posterior cunha persoa convidada vinculada ao mundo da cultura. Participarán o debuxante e autor de banda deseñada David Rubín, a artista Samantha Hudson, a escritora e crítica de arte María Von Touceda, o escritor Antonio Muñoz Molina, a actriz e bailarina Janet Novás, o crítico cinematográfico e director do CCCB Jordi Costa e a fotógrafa da axencia Magnum Lúa Ribeira.
Todas as sesións celebraranse ás 19.30 horas, agás a proxección de ‘Sin techo ni ley’, que terá lugar o domingo 20 de decembro ás 19.00 horas.
Programación de Colón Cinema
- 24 de setembro | 19.30 h: Mulholland Drive (David Lynch, 2001)
Con David Rubín. - 1 de outubro | 19.30 h: El verdugo (Luis García Berlanga, 1963)
Con Samantha Hudson. - 22 de outubro | 19.30 h: El espejo (Zerkalo, Andrei Tarkovski, 1975)
Con María Von Touceda. - 5 de novembro | 19.30 h: Cuentos de la luna pálida (Ugetsu monogatari, Kenji Mizoguchi, 1953)
Con Antonio Muñoz Molina - 19 de novembro | 19.30 h: Tiempos modernos (Modern Times, Charles Chaplin, 1936)
Con Janet Novás. - 3 de decembro | 19.30 h: El séptimo sello (Det sjunde inseglet, Ingmar Bergman, 1957)
Con Jordi Costa. - 20 de decembro | 19.00 h: Sin techo ni ley (Sans toit ni loi, Agnès Varda, 1985)
Con Lúa Ribeira.

