InicioA CORUÑAAitor Neira defende "a colaboración entre os espazos progresistas da cidade" na...

Aitor Neira defende “a colaboración entre os espazos progresistas da cidade” na súa presentación como candidato de Podemos Coruña

Publicada o

Por Redacción

O pasado venres Sumar Coruña anunciaba que Trinidad Palacios era a súa proposta para liderar a candidatura conxunta dos grupos da esquerda de cara ás eleccións municipais de maio de 2027. Hoxe tocáballe a Podemos (outro dos grupos que formarán esa coalición a nivel local con Esquerda Unida e o Partido Verde-EQUO) anunciar o que será o seu candidato para liderar o asalto á alcaldía coruñesa, Aitor Neira.

A presenza da Trinidad Palacios durante a presentación dá conta da boa sintonía entre partidos,  nun acto celebrado esta mañá na sede de Podemos (en Catro Camiños, na Rúa Chile, 35) que reivindicou “a unidade e a colaboración entre os diferentes espazos progresistas da cidade”.

O candidato destacou que a súa decisión nace da necesidade de “dar un paso adiante” ante un momento no que, segundo sinalou, “A Coruña está vivindo unha cidade mobilizada, con barrios, colectivos, traballadores e movementos sociais reclamando cambios”.

O candidato puxo como exemplos as mobilizacións polo dereito á vivenda, as reivindicacións veciñais en diferentes barrios da cidade, as demandas relacionadas co transporte público e as mobilizacións dos traballadores e traballadoras en defensa das súas condicións laborais.

Un proxecto “aberto e de suma”

Un dos eixos centrais da presentación foi o chamamento a construír un proxecto político aberto a persoas procedentes de diferentes espazos sociais e políticos. Neste sentido, Neira defendeu que as próximas eleccións municipais deben ser unha oportunidade para “sumar vontades” e non limitarse a unha competición entre siglas.
“Non queremos construír unha candidatura contra ninguén. Queremos construír unha candidatura a favor da Coruña, a favor dos seus barrios e da súa xente”, sinalou.

“Unha cidade non son as súas grandes obras. Unha cidade son as persoas que viven nela”, afirmou Neira, reivindicando a necesidade de recuperar unha visión da política municipal centrada na vida cotiá dos coruñeses e coruñesas.
O candidato fixo tamén un chamamento á participación cidadá no proceso de construción da candidatura.

Marea Atlántica

Despois de que os medios situasen á Marea Atlántica na mesma coalición, este mediodía o que queda do partido quixo aclarar que “a nosa formación municipalista non está a participar en conversas formais para ningunha coalición ou candidatura con outras forzas políticas de cara ás eleccións locais de 2027. As informacións aparecidas hoxe nas que se asegura a nosa concorrencia son, polo tanto, incorrectas. En todo caso, a decisión final non está tomada e queda en mans das persoas con dereito a voto na nosa Rede, o mesmo xeito de proceder que levamos aplicando desde o nacemento da Marea Atlántica”.

Máis novas

Trinidad Palacios será a candidata de Sumar Galicia para liderar a coalición de esquerdas nas municipais

Sumar, Esquerda Unida e Podemos unen o seu discurso fiscalizando a falta de execución do goberno municipal

ÚLTIMAS

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar...

A Xunta estuda a “posibilidade de mellorar algunhas conexións” de bus coa Universidade da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, afirmou que a Xunta estuda "a posibilidade de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here