InicioA CORUÑAO PP critica a Inés Rey por querer xestionar fondos para vivendas...

O PP critica a Inés Rey por querer xestionar fondos para vivendas cando “non fixo ningunha”

Publicada o

Por europapress

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, cualificou de “desastrosa” a xestión da alcaldesa, Inés Rey, en materia de vivenda, asunto polo que levará preguntas ao próximo pleno, igual que sobre mobilidade e seguridade cidadá, ao entender que esta última se agravou. “Inés Rey está a botar abaixo o mercado da vivenda coa zona tensionada”, dixo, en rolda de prensa, sobre a declaración desta. “Non fixo ningunha vivenda para familias, non convoca axudas para rehabilitar ou instalar ascensores”, sinalou.

“Con este bagaxe desastroso pide xestionar fondos“, engadiu sobre a solicitude do Concello nese sentido para asumir a xestión dos que o Goberno central transferirá á Xunta. Xa en materia de mobilidade, denunciou “atascos nos accesos, sen aparcadoiros e un autobús sen contrato”, explicou ao adiantar as preguntas orais que levarán á próxima sesión plenaria.

ÚLTIMAS

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar...

A Xunta estuda a “posibilidade de mellorar algunhas conexións” de bus coa Universidade da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, afirmou que a Xunta estuda "a posibilidade de...