InicioA CORUÑA"Por todas as Maricarmen" e "Fondos voitre fóra de aquí"

“Por todas as Maricarmen” e “Fondos voitre fóra de aquí”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Centos de persoas acodían esta pasada tarde de xoves á subdelegación do goberno para participar na concentración contra os desahucios a raíz do caso MariCarmen. Convocada polo Sindicato de Barrio Falperra / Os Mallos, e a Plataforma pola Vivenda da cidade, co apoio do sempre combativo Sindicato de Estudantes, a veciñanza quixo amosar o seu apoio á madrileña de 87 anos con arengas como “Nin casas sen xente, nin xente sin casas”, ou “O ático de Ayuso para Maricarmen”.

Os convocantes deixaron clara a necesidade de concentrarse porque “non é un caso illado”. Esixiron ás institucións públicas que “deixen de ser cómplices”. “Esiximos a paralización inmediata de todos os desafiuzamentos de persoas en situación de vulnerabilidade. O fin dos privilexios fiscais á especulación, a regulación efectiva e restritiva das vivendas turísticas, priorizando o uso residencial nos nosos barrios”, recolle o manifesto.

Pero tamén unha “fiscalidade progresiva en función do número de vivendas acumuladas, para que especular con fogares deixe de ser rendible. E a mobilización do parque de vivenda baleira en mans de bancos, fondos e inmobiliarias para uso público e social”.

”O rentismo non ten piedade, non ten memoria, non ten corazón. É unha lacra que nos está deixando na rúa, unha a unha, e non para”, sinalan criticando a deshumanización dos protocolos.

Máis novas

A Asociación Oza-Gaiteira-Os Castros reclama medidas eficaces contra os desafiuzamentos

Entregan unha vivenda á nai ucraína con catro fillos á que aprazaron un desafiuzamento na Coruña

ÚLTIMAS

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar...

A Xunta estuda a “posibilidade de mellorar algunhas conexións” de bus coa Universidade da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, afirmou que a Xunta estuda "a posibilidade de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here