InicioBARRIOSChegan as Festas do Rosario á Cidade Vella

Chegan as Festas do Rosario á Cidade Vella

Publicada o

Por Redacción

As Festas do Rosario, a patroa da cidade, desenvolveranse entre os días 3 e 7 de outubro cun amplo programa de actividades
culturais, musicais e festivas que terán como escenario principal as prazas e rúas da Cidade Vella.
As festas están organizadas pola Asociación de Veciños Cidade Vella co apoio do Concello da Coruña.

A programación arrancará o venres 3 de outubro ás 13.30 horas coa actuación de Komando Kombate na praza de María Pita e continuará pola tarde na praza da Constitución cos concertos de Makarrugas e Os Coribantes. A xornada pecharase ás 21.30 horas coa actuación de Rafa Sánchez, voz histórica de La Unión, e Nacha Pop, na Porta de Aires.

O sábado 4 de outubro combinará actividades deportivas e musicais. A cidade deportiva da Torre acollerá un encontro de fútbol entre o Sporting Ciudad e o Deportivo Ciudad ás 10.00 horas, mentres que na Porta de Aires actuará a partir das 13.30 horas o dúo Callos Gratis.

Os actos centrais celebraranse o martes 6 de outubro, coa actuación do grupo Amizades ás 19.00 horas e o tradicional pregón das festas na praza de Fariña ás 20.00 horas. A continuación actuarán Xilo e Carlos, Sin Secretos, Malditos Pendejos e DJ Ayman.

O mércores 7 de outubro, día da patroa, a programación incluirá dianas e alboradas a cargo da ACD Eidos, a actuación da Banda Municipal da Coruña, a misa solemne na igrexa de Santo Domingo e a tradicional procesión polas rúas da Cidade Vella. Ademais, haberá polbeira e churrascada para a veciñanza e visitantes. Actuará Broken Peach ás 14.45 horas, o contacontos musical ‘Os Ricos de Lía’ ás 17.00 horas, Indiegentes ás 18.30 horas. Homenaxe a Begoña Caamaño no Teatro Colón

Un dos momentos máis destacados desta edición será o espectáculo ‘Circes e Morganas celebrando a Begoña Caamaño’ , que terá lugar o 7 de outubro ás 21.00 horas no Teatro Colón. A proposta reivindica o legado literario, cultural e humano da escritora e xornalista, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, a través dun encontro de música, palabra e creación visual.
O espectáculo, organizado polo Concello, está concibido como unha celebración colectiva arredor da figura de Begoña Caamaño, reunindo sobre o escenario a artistas e creadoras como Rosa Cedrón, Ana Romaní, Lucía Aldao, Uxía, Faia Díaz, Tereixa Novo, A Pedreira, De Vacas, Alba María ou Zeltia Irevire, entre outras participantes.
Baixo a dirección escénica de Marina Oural e a Pedreira, a iniciativa propón unha viaxe artística polo universo de Begoña Caamaño, destacando a súa contribución ao feminismo, á literatura galega, ao xornalismo e á cultura do país desde unha perspectiva de celebración, memoria e amizade.

Programa+Festas+do+Rosario+2026

ÚLTIMAS

A Coruña prorrogará os orzamentos de 2027 tras quedar o goberno de Inés Rey sen apoios

O goberno local da Coruña, liderado pola socialista Inés Rey, prorrogará os orzamentos para...

Aberta na Biblioteca da Sagrada Familia o novo espazo de creación e participación “A Eira”

Quedou aberto onxe "A Eira", o novo espazo de creación e participación cidadá integrado...

A Coruña recibe as cinco propostas finalistas para definir o futuro dos seus espazos portuarios

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña entrou nunha nova...

Tres detidos e dous investigados por un apuñalamento nun bar de Arteixo

A Garda Civil e a Policía Local de Arteixo detiveron a tres persoas e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here