InicioBARRIOSBNG e Galiza Nova insisten en urxir á Xunta a transferencia dos...

BNG e Galiza Nova insisten en urxir á Xunta a transferencia dos fondos para as zonas de mercado residencial tensionado

Publicada o

Por Redacción

No marco das mobilizacións arredor da problemática da vivenda (con manifestación convocada para este sábado) o BNG e Galiza Nova organizaron esta pasada tarde de xoves 1 de outubro un acto na Praza do Mercado de Monte Alto, co lema xenérico de “Garantir a vivenda, erradicar a crise”.

A candidata do BNG á Alcaldía, Avia Veira, foi precedida no uso da palabra polo militante de Galiza Nova, Adrián Lezcano e centrou o discurso na necesidade de urxir á Xunta a que transfira xa ao Concello da Coruña o diñeiro habilitado polo Estado para as cidades que foron declaradas como zonas tensionadas.

Foi precisamente un dos temas que se falou no pleno desa mesma mañá de xoves, no que Veira acusou o seu homólogo do grupo municipal do PP, Miguel Lorenzo, de “pór o PP e as ordes que recibe do señor Rueda por enriba das necesidades da Coruña”, tras votar en contra da moción que pedía solicitar á Xunta esa transferencia.

Avia Veira,durante o acto de vivenda en Monte Alto
Avia Veira, durante o acto de vivenda en Monte Alto

“Estamos a falar de 3,6 millóns de euros. O debate aquí é quen debe xestionar ese diñeiro, quen debe decidir como e onde se inviste. Obviamente, ten todo o sentido que o faga o Concello da Coruña e non unha Xunta que ten máis que demostrada a súa falta de vontade política á hora de promover a construción de vivenda pública”, alegou Veira, quen lembrou que desde 2009 os sucesivos gobernos de Feijóo primeiro e Rueda despois só entregaron 40 pisos na nosa cidade.

Para a candidata nacionalista á Alcaldía, os 3,6 millóns de euros “viríanlle moi ben á EMVSA, unha empresa municipal de vivenda que necesita recursos e vontade política para efectivamente ser un axente positivo na abordaxe da emerxencia habitacional que atravesamos”.

Máis novas

“Fóra rendistas dos nosos barrios”. Convocada unha manifestación pola vivenda para este sábado

Un pleno de acordos e desacordos sobre vivenda, escolas infantís e a Fundación Luís Seoane

As chaves tamén repican na Coruña

 

ÚLTIMAS

A Coruña recibe as cinco propostas finalistas para definir o futuro dos seus espazos portuarios

O proceso para definir a transformación dos espazos portuarios da Coruña entrou nunha nova...

Aberta na Biblioteca da Sagrada Familia o novo espazo de creación e participación “A Eira”

Quedou aberto onxe "A Eira", o novo espazo de creación e participación cidadá integrado...

29N.- Sumar Galicia–Fronte Ampla chama a unir a esquerda galega “pola vivenda e contra a extrema dereita”

Seguen sucedéndose as reaccións trala convocatoria de eleccións xerais realizada por Pedro Sánchez para...

29N.- Inés Rey, sobre as eleccións: “Toca decidir entre os que amparan fondos voitre ou os que defenden a vivenda”

Primeiras reaccións sobre a convocatoria de eleccións xerais anticipadas para o próximo 29 de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here