InicioMOV. SOCIAISPiden a retirada dos 400 símbolos franquistas que hai na provincia da...

Piden a retirada dos 400 símbolos franquistas que hai na provincia da Coruña

Publicada o

Por editor
A provincia da Coruña mantén a día de hoxe, 84 anos despois de rematada a Guerra Civil, un total de 400 símbolos franquistas, 38 na deputación, 169 no concello da Coruña, 52 en Santiago, 47 en Ferrol, 16 en Betanzos ou 10 en Ortigueira. Por iso, Manuel Monge, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña 2007-2011, remitiu un escrito este luns , 8 de maio, ao organismo provincial sobre a eliminación da simboloxía franquista.
“É o terceiro escrito sobre o tema, após os anteriores en 2018 e 2019“, apunta Monge que acalara que é o terceiro escrito deste tipo que presenta e que o fai como sociólogo, investigador dos restos do franquismo e como vítima do fascismo. Nel pide que se elimine esta simboloxía antes das eleccións municipais do 28M.
Tamén lembra que a deputación está informada xa da existencia desa simboloxía franquista e denuncia o incumprimento de acordos e das leis vixentes. “A Deputación da Coruña non cumpre os seus propios acordos, nin os acordos do Parlamento Galego e tampouco cumpre coa Lei de Memoria Democrática”, critica. “Considero que esta situación é unha ilegalidade, unha vergoña para a Deputación da Coruña, unha desidia, un desprestixio da democracia e unha ofensa e humillación para as vítimas do franquismo”, engade.
Monge recolle unha relación dos 38 símbolos franquistas, con especial atención aos militares que organizaron o golpe de Estado na Coruña en 1936 (Enrique Cánovas Lacruz, Gobernador Militar, Luis Tovar Figueras, Xefe do Estado Maior, Pablo Martín Alonso, Coronel do Reximento Zamora número 8 e Florentino González Vallés, Tenente Coronel da Garda Civil), que son Fillos Adoptivos e Predilectos da provincia desde xaneiro de 1937 e que aínda conservan hoxe esas distincións. Inclúe tamén unha análise comparativa do que se fai noutras institucións para acabar coa simboloxía franquista.

ÚLTIMAS

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DdC considera que o fallo sobre a urbanización da Maestranza do TSXG contradí os preceptos do TS

Coñeciamos onte que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso interposto...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio na Coruña: O Ventorrillo e a Praza do Comercio

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here