InicioA CORUÑAAprobada a licenza para urbanizar a última parcela de Náutica

Aprobada a licenza para urbanizar a última parcela de Náutica

Publicada o

Por editor

Esta mañá de mércores 10 de maio celebrouse unha nova Xunta de Goberno no Concello da Coruña. Un dos puntos da orde do día foi a concesión da licenza para a construción dun edificio de 88 vivendas, garaxe, rochos e un local, que estará situado na última parcela libre do polígono de Náutica, localizada entre as rúas Marcela e Elisa, Marqués de Cavalcanti e a avenida de San Roque de Fóra.

Parcela en Nautica

O orzamento previsto para a execución e material das obras, promovidas pola promotora de desenvolvementos inmobiliarios Kontiki, é de case 9,5 millóns de euros. Terán un prazo de seis meses para iniciar os traballos de construción, a partir da posta en marcha dos mesmos, 36 meses para rematalos.

Legalizando un edificio

Ademais, a Xunta aprobou a concesión da licenza para o proxecto de legalización do edificio situado no nº 13 da avenida de San Roque de Fóra. Sobre este edificio pende unha orde para a súa demolición total que vén a raíz dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Porén, comunidade de propietarios presentou un proxecto arquitectónico que formula modificacións no edificio, co obxectivo de evitar o seu derrubamento. Este proxecto propón diversas intervencións como o apoio da estrutura para realizar as derrubas necesarias para cumprir a normativa vixente, a reconstrución da fachada principal segundo á aliñación e as determinacións do Plan vixente e o derrubamento dos voos desde a planta 1ª á 7ª, por cuestións legais.

Segundo o grupo de goberno, “con estas modificacións, e tras avaliarse o proxecto, o edificio adaptaríase á normativa vixente, coa redución de 61 metros cadrados da superficie total construída inicialmente”.

Desta forma, e ao concederse licenza para legalizar o edificio, abriríase un prazo de seis meses para iniciar as obras que contempla o proxecto.

ÚLTIMAS

A Audiencia da Coruña xulga catro homes por golpear e apuñalar con doce coiteladas un mozo no Orzán

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acollerá os días 16, 17 e...

As familias da ANPA do CEIP Prácticas manteñen viva a loita por unha escola digna

As familias da ANPA do CEIP Prácticas xa non aturan máis. Levan 2 anos...

Labañou e Palavea, epicentros festeiros da fin de semana

Os barrios de Labañou e Palavea serán os centros culturais e festexeiros esta fin...

A caseta dos falcóns do aeroporto sofre un incendio que xa foi extinguido

Un lume iniciado na caseta dos falcóns do Aeroporto da Coruña este sábado foi...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here