InicioDEPORTESA competición máis importante do estado das traiñeiras arrincou na enseada do...

A competición máis importante do estado das traiñeiras arrincou na enseada do Orzán

Publicada o

Por editor

Convertiuse a cidade da Coruña nun escenario deportivo de primeiro nivel. Probas internacionais como a de halterofilia ou o triatlón combináronse á perfección co espectaculo ofrecido na enseada do Orzán na VII e VI Bandeira Cidade da Coruña de traiñeiras. Tratábase da primeira proba da competición de traiñeiras máis importante a nivel estatal, que reúne aos mellores equipos do territorio nacional.

20 equipos, 12 de categoría masculina e 8 de categoría feminina, participaron ao longo do domingo na vistosa proba, que fixo lucir a nosa península nas retransmisións en directo da TVG e a ETB. O paseo marítimo era un fervedoiro de xente vendo as carreiras

Na categoría feminina, denominada Euskotren Liga, levaron a bandeira as deportistas do Donostia Arrau Lagunak, por diante de Tolosaldea, e Donostiarra. Non puideron subir ao podio ás representantes galegas de SD Tirán Pereira, e Cabo da Cruz.

Pola súa banda, na categoría masculina, denominada Eusko Label Liga, gañou Zierbena Bahías de Bizkaia, superando a Hondarribia e Getaria.

ÚLTIMAS

Entregan unha vivenda á nai ucraína con catro fillos á que aprazaron un desafiuzamento na Coruña

A nai ucraína con catro fillos, á que a semana pasada aprazaron un desafiuzamento...

Inés Rey destaca a eficacia da declaración de mercado tensionado: “Os resultados están aí”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, defendeu a eficacia da declaración de zona de...

O Festival Manicómicos leva o mellor circo contemporáneo a catro barrios da cidade

Este xoves 16 de xullo arrinca a edición 25 do Festival Manicómicos. Esa cita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here