Fermosa fin de semana deportiva nunha cidade da Coruña que se convertiu en escenario de grandes probas de nivel internacional. Se a enseada do Orzán vivía unha Bandeira de Traiñeiras excepcional e o Pavillón do Rosales o trofeo Internacional de halterofilia, a cidade enteira vibrou coas diferentes probas de triatlón que se deron esta finde.
María Casals e David Castro gañan o Campionato de España de tríatlon de distancia olímpica 2023
Unha galega e un de Albacete foron os protagonistas da proba raíña. María Casals, da Cidade de Lugo Fluvial, e David Castro, do EQTR Rodacal Beyem, impuxéronse no Campionato de España de Tríatlon de Distancia Olímpica celebrado na Coruña.
A galega acadou o título elite feminino de campioa de España de Tríatlon na distancia olímpica cun tempo de 1:54:56 tras unha apaixonante remontada na que superou á outra gran protagonista da proba, Iratxe Arenal, do Náutico de Narón, que foi líder durante boa parte da carreira a pé.
A proba masculina tamén foi moi emocionante, con dous grupos que se xuntaron ao final do segmento ciclista no que estaban os principais favoritos, e o ataque de David Castro no inicio do tramo de carreira a pé que o español manchego mantería ata o final. para gañar cun tempo de 1:40:29. O segundo posto foi para Esteban Basanta, do Cidade de Lugo Fluvial, e terceiro o seu compañeiro Antonio Serrat, nun emocionante duelo final con Iván Gil, do Diablillos de Rivas VAS Cycling Boutique, polo podio.
Copa do Mundo de Paratriatlón A Coruña 2023
A representación española colleitou un bo número de medallas no Mundial de Paratriatlón A Coruña 2023, que abriu o ciclo puntuable para a clasificación para os Xogos Paralímpicos de París 2024. Na categoría masculina PTS2, o ouro foi para Lionel Morales, de España, por diante de Geoffrey. Wersy, de Francia, e Louis Rolfe, de Gran Bretaña.
No PTS2 feminino, vitoria da alemá Neele Ludwig, por diante do español Rakel Mateo.
Pho3nix Kids Triathlon Series de Javier Gómez Noya
A finde tamén tivo tempo que unhas 100 promesas desyte deporte competisen nesta proba que leva o nome do triatleta máis laureado da historia deste deporte. Gómez Noya non quixo perderse o evento e participou nel dando as saídas ás carreiras e entregando as medallas de finisher a cada participante na meta.
Campionatos Junior e Xuvenil
Os campionatos de España de Tríatlon das categorías Xuvenil e Junior pecharon o programa de competicións nacionais e internacionais para a fin de semana na Coruña cun espectáculo. As probas júnior tamén tiveron un final espectacular con dous sprints en categoría feminina e masculina, nos que se impuxeron Alejandra Seguí, do CEA Bétera, e José Ramón Jiménez, do Saltoki Trikideak. As vitorias nas categorías xuvenís foron para Cristina Jiménez-Orta, do Saltoki Trikideak; e Héctor Tolsá, do CEA Bétera. Todas as clasificacións da xornada e da fin de semana pódense consultar aquí.
Alejandra Seguí, do CEA Bétera, e Ana Gómez, do Tríatlon Villalba, protagonizaron un espectacular sprint na liña de meta, vencendo a valenciana para converterse en campioa de España júnior feminina cun tempo de 59:48. A terceira posición foi para Carla Martínez, de Diablillos de Rivas VAS Cycling Boutique.
José Ramón Jiménez, do Saltoki Trikideak, impúxose tamén ao sprint nunha pelexa pechada con Jesús Vela, da Peñota Dental Alusigma, marcando un tempo de 52:39; completando o podio individual masculino júnior Julen Andueza para o Saltoki Trikideak.
Na categoría xuvenil feminina a vitoria foi para Cristina Jiménez-Orta, do Saltoki Trikideak, cun tempo de 1:00:05, por diante de Miriam Zafra, do Capex; e Mara Novo, da Cidade de Lugo Fluvial. Por equipos, o Náutico de Narón fíxose co título, por diante do Cidade de Lugo Fluvial e do CEA Bétera.
A proba xuvenil masculina foi marcada por Héctor Tolsá, do CEA Bétera, por diante de Lucas García, do Cidade de Lugo Fluvial; e Alejandro López, de Prat Triatló 1994.