InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOBetanzos volve restrinxir o consumo de auga tralas analíticas de Augas

Betanzos volve restrinxir o consumo de auga tralas analíticas de Augas

Publicada o

Por europapress

Xa avisou o venres, e este sábado o Concello de Betanzos decretou, apenas un mes despois de levantala, a restrición do uso de auga de abastecemento municipal. Faino despois da notificación realizada este mesmo sábado pola Consellería de Sanidade, na que se cualifica a auga como ‘Non apta para consumo’, tras os resultados da analíticas da auga feitas o pasado día 20 pola empresa concesionaria.

Nun comunicado, o consistorio municipal explicou que toma esta decisión tras a reunión de urxencia mantida durante a tarde deste sábado entre o Concello, a empresa concesionaria e a Consellería.

Con ela, sinalou, búscase evitar episodios de gastroentiritis como o do mes pasado. Con todo, asegurou que ata o momento non se produciu un aumento de casos de gastroentiritis por encima dos habituais.

O Concello xa puxo en marcha un protocolo de medidas operativas para garantir a subministración de auga con cisternas que estarán nos seguintes puntos: Praza García Irmáns, Bellavista e Carregal. Ademais, incorporarase repartición de garrafas a maiores que viven sós, veciños con problemas de mobilidade e familias en situación de vulnerabilidade.

Así mesmo, detallou que si se pode empregar a auga para hixiene persoal (lavado de mans e ducha) e para uso doméstico de limpeza, pero non para beber, lavar alimentos nin para hixiene bucodental.

INSPECCIÓN

A alcaldesa, María Barral, pediu nas últimas horas a Augas de Galicia unha inspección urxente e “palmo a palmo” do río Mendo, augas arriba da captación que ten Betanzos, para coñecer exactamente o punto no que se produce a vertedura de norovirus.

Así mesmo, Barral pediu a Augas de Galicia este esforzo como “responsable” de eliminar e vixiar as verteduras nos ríos. “Betanzos non pode vivir permanentemente pendente desta situación que está a afectando a todo o municipio”, manifestou.

As restricións manteranse ata que a situación mellore e os parámetros de auga sexan propicios para o seu consumo, segundo indique Sanidade. A próxima reunión de seguimento será o mércores para analizar a situación, sobre levantar as restricións ou non.

ÚLTIMAS

Monte Mero contará con 4.397 vivendas e un investimento autonómico de 66 millóns

O barrio coruñés de Monte Mero contará con 4.397 vivendas, das cales 3.521 (un...

Identifican os autores de novas verteduras en Culleredo de material dun taller e un restaurante

A Policía Local de Culleredo identificou aos responsables de tres novas verteduras incontroladas de...

Evacuado en helicóptero ao CHUAC un tripulante enfermo do cruceiro ‘Spirit of Adventure’

Un tripulante do cruceiro 'Spirit of Adventure' tivo que ser evacuado de urxencia ao...

O Porto da Coruña instala corenta placas para concienciar sobre o coidado do mar

A Autoridade Portuaria da Coruña iniciou unha acción de sensibilización cidadá coa instalación de...