InicioCULTURAAvances para declarar ao Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside como...

Avances para declarar ao Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside como Ben de Interese Cultural

Publicada o

Por Ángela Precedo

Diario Oficial de Galicia publica este venres a resolución de incoación para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) o Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside, na categoría de monumento, e a súa colección de arte composta por máis de 1.500 pezas.

Esta resolución supón a aplicación provisional do réxime de tutela previsto na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia e, por tanto, “a protección inmediata tanto da edificación proxectada polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat e ideada por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo como das pezas artísticas“.

Tal e como se recolle na resolución, o expediente fundaméntase no “valor cultural singular” destes elementos, no seu “destacable interese arquitectónico e artístico” e no seu papel para explicar “a historia da arte galega contemporánea”.

En concreto, no caso do edificio, á hora de incoar o expediente tívose en conta a singularidade e relevancia deste inmoble que comezou a proxectarse no ano 1974 como un fito da arquitectura contemporánea.

Pola súa banda, no tocante á colección Sargadelos-Carlos Maside, sublíñase o seu valor singular tanto en termos históricos e artísticos como documentais, a través de máis de 1.500 pezas.

ÚLTIMAS

Evacuada ao CHUAC unha pasaxeira de 61 anos do cruceiro Britannia tras sufrir un accidente en alta mar

Unha pasaxeira de 61 anos que viaxaba a bordo do cruceiro Britannia foi evacuada...

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que...

Once persoas feridas nun incendio nun edificio da Coruña que puido orixinarse nun patinete eléctrico

Un total de 11 persoas resultaron feridas nun incendio rexistrado durante a madrugada deste...

Presentan 5.800 sinaturas contra a urbanización do Parque da Agra

Non para a veciñanza da Agra do Orzán ante o novo atentado urbanístico que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here