InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOLiberan na praia de Esmelle seis pitos de píllara das dunas criados...

Liberan na praia de Esmelle seis pitos de píllara das dunas criados no Centro de Recuperación de Oleiros

Publicada o

Por europapress

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada de persoal técnico e os representantes da USC, Jesús Domínguez e María Vidal, participou na liberación de seis exemplares de píllara das dunas na praia de Esmelle.

A acción, explican nun comunicado, enmárcase no plan de recuperación desta especie promovido pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a axuda de entidades colaboradoras, como a Sociedade Galega de Historia Natural.

Concretamente, forma parte do programa de conservación ex situ que se desenvolve mediante a incubación e cría en catividade no Centro de Recuperación da Fauna Silvestre de Oleiros.

Alí criáronse 31 pitos de píllara das dunas, que esta campaña están a ser liberados exclusívamente no areal de Esmelle. Ademais dos seis liberados este venres, o proceso continuará durante o mes de agosto ata alcanzar os 31 exemplares criados.

O obxectivo do proxecto, destacan no comunicado, é que a píllara das dunas recolonice o norte da provincia da Coruña, onde se detectou un descenso da poboación nos últimos anos, tal e como explica a bióloga da USC, María Vidal Malde.

“Constatamos que pitos anillados nados en praias de Ferrolterra criaban noutras praias de Galicia, como as de Bergantiños ou Barbanza, por iso pensamos que é unha boa estratexia liberalos nas praias desta comarca”, destacou.

ÚLTIMAS

AMEGA polo 25X: “Informar en galego tamén é facer patria”

Cada 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega reivindicando a nosa identidade,...

A patronal do comercio alimentario pide volver ao diálogo

A Asociación de Supermercados, Autoservizos, Almacenistas e Distribuidores de Alimentación da Coruña (ASAC) fixo...

Desarticulada unha rede que asaltaba creadores de contido dixital

Axentes da Policía Nacional e dos Mossos d'Esquadra desarticularon unha organización criminal asentada en...

A Garda Civil localiza e detén dous fuxitivos nunha terraza

Dous veciños de Carballo, de 24 e 32 anos, sobre os que pesaban ordes...