InicioBARRIOSO Flores Rock, facendo cultura de barrio

O Flores Rock, facendo cultura de barrio

Publicada o

Por editor

Xa se coñecen os nomes que ocupan o cartel do Flores Rock 2023, logo da Festa de Presentación desta tarde, organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Plataforma Veciñal do Barrio das Flores. “O Flores Rock representa unha das mellores formas de facer cultura de barrio, con iniciativas como esta que nos axudan a coñecer artistas locais e levar a cultura e a música aos barrios”, sinalaron na presentación.

Boikot e Def con Dos serán o plato forte desta edición do festival, que terá lugar o 2 de
setembro no parque central do Barrio das Flores. A elas súmase como grupo estrela
Demenzia Social, banda gañadora da primeira edición da batalla de bandas do Flores Rock celebrada en xullo na sala O Túnel co obxectivo de dar a coñecer artistas locais.
Crowded e Noxxo, segunda e terceira clasificada da batalla de bandas, serán as
encargadas de abrir a xornada musical que continuará coa Paella Popular a partir das 14.00
horas. Xa pola noite retomaranse os concertos con Sol Rain e Del alma, aos que lle
seguirán Demenzia Social, Boikot e Def con Dos respectivamente.

Tamén haberá actividades para os máis pequenos no marco do Flores Kids como guitarra e
batería, xogos, actividades teóricas e dous concertos con Pako Pakolas e a exhibición dos
alumnos da academia de Rock. O horario das actividades é de 11.00 a 19.00 horas e as
familias que o desexen poderán inscribir aos seus fillos e fillas con tres horarios diferentes.

Dende as 11.00 horas ata as 14.00 horas, ata as 16.00 horas ou até o fin do campamento.
As familias que o desexen poden inscribir aos seus fillos e fillas no correo
kids.floresrock@gmail.com indicando a modalidade. O prazo de inscrición é do 16 ao 29 de
agosto para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

Programación | Flores Rock, 2 de setembro

13.00 horas | CROWDED
14.00 horas | NOXXO
A partir das 14.00 horas | PAELLA POPULAR
20.30 horas | SOL RAIN
21.30 horas | DEL ALMA
22.30 horas | DEMENZIA SOCIAL
23.30 horas | BOIKOT
1.00 horas | DEF CON DOS

FLORES KIDS Dende as 11.00 ás 19.00 horas
11.00 a 13.00 horas | Guitarra e batería en locais de ensaio
13.00 a 15.00 horas | Concertos principais e xantar
16.00 a 17.00 horas | Concerto de Pako Pakolas
17.00 a 18.00 horas | Concerto dos alumnos da academia de rock
18.00 a 19.00 horas | Actividades varias (pintacaras, tatuaxes, clases lúdicas, xogos…)

ÚLTIMAS

O Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

Enorme despregadura de medios a realizada este martes 14 de abril sobre todo arredor...

Os Concellos da Coruña e Oleiros atacan a Xunta pola sua irresponsabilidade no transporte metropolitano

Convocaba unha reunión esta mañá dirección xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e...

O loteiro que se apropiou dunha primitiva podía cobrala sen entregar o boleto

O presidente da Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE) en 2012,...

Os médicos galegos volven á folga para alcanzar un convenio propio

Despois do acordo chegado hai varias semanas na Atención Primaria tras varios meses de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here