InicioBARRIOSDenuncian coacción aos traballadores na empresa que xestiona o Centro Deportivo do...

Denuncian coacción aos traballadores na empresa que xestiona o Centro Deportivo do Castrillón

Publicada o

Por editor

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) denuncia coaccións, da empresa que xestiona o Centro Deportivo do Castrillón, aos seus empregados, para que asinen unha declaración.

O sindicato asegura que a empresa mantén “numerosos incumprimentos, reiterados, desde o principio, da adxudicataria, sen que, a día de hoxe, conste que fose advertida, nin sancionada, pero agora con derivacións penais”.
Por conseguinte, FAC-USO “emprenderá todas as accións legais oportunas co obxecto de
defender a nosa liberdade sindical e a dos nosos afiliados, que se viu vulnerada, o que implica o exercicio de todo tipo de recursos, denuncias, querelas, etc.”

Lembran que entre as irregularidades ao director xeral de EMVSA (Empresa Municipal de Vivenda Servizos e Actividades, S.A.), están:
– O contrato está caducado desde o mes de xuño (duración de 3 meses, e 2 máis de  prórroga).
– Existen franxas horarias onde a sala de fitness, non conta con persoal técnico, ou este se atopa realizando outras funcións na piscina ou en información-recepción.
– Socorristas e monitores vense obrigados, en ocasións, a compaxinar, as dúas funcións, sen contar, no segundo caso, coa titulación requirida e necesaria.
– Traballadores/as realizan, en ocasións, xornadas continuas e ininterrompidas de ata 13 horas diarias durante as fins de semana e os días festivos.
– Traballadores/as non contan cos descansos legais pertinentes, entre xornadas e dentro da
propia xornada.
– Traballadores/as non cobran pluses (nocturnidade, perigo, toxicidade, etc.).
– Existen traballadores/as aos que non se lles aplica o “Convenio colectivo de instalacións deportivas e ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia”.
– O Centro Deportivo non conta, desde hai meses, co posto de director-coordinador, posto obrigatorio e estrutural, clave para o funcionamento, funcións que vén desempeñando unha monitora contratada para impartir actividades de fitness, que non conta nin coa experiencia requirida, nin tampouco coa titulación axeitada (intrusismo profesional).

 

ÚLTIMAS

Maghúa celebra 20 anos de música: “Seguimos fieis á raíz”

O grupo de canto tradicional Maghúa presenta Tribo, o seu novo traballo discográfico, que...

Pequeno catálogo de “patrimonicidios”

O pasado 27 de febreiro a alcaldesa da Coruña calificou como «patrimonicidio» a antiga...

Dous alumnos do instituto de Elviña representarán a Galicia nun debate de oratoria na ONU

Os alumnos Omar Badriev Gazizov e Lois Queijeiro Varela, do Instituto Plurilingüe de Elviña...

Sorprendidos oito menores de idade mentres realizaban pintadas e botellóns no interior dos muíños de Acea de Ama

A Policía Local de Culleredo localizou a un grupo de oito rapaces omo presuntos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here