InicioSOCIEDADE'Solidarios cos Maiores', unha inciativa coruñesa para axudar aos avós

‘Solidarios cos Maiores’, unha inciativa coruñesa para axudar aos avós

Publicada o

Por Águeda Cernadas

Chus Castro é unha xornalista galega con moito afán de axudar á xente. Unha teima na que involucrou a uns cantos coñecidos que acabaron crearon ‘Solidarios cos Maiores‘, unha iniciativa que pretende axudar a un dos colectivos olvidados da sociedade actual, os maiores.

O equipo está formado pola propia Chus e tamén por Sabela Romar, Bea Soler, Amalia Baltar, Lucía Aller e Manolo Rodríguez, quen abre a porta ao Galicia Confidencial para contar máis sobre este proxecto.

‘Solidarios cos Maiores’ tenta dar resposta a problemáticas diarias que viven as persoas maiores, sobre todo ás que viven soas. “Algúns do equipo tiveron ao seu cargo a xente maior coma os seus pais e percataronse de todos os inconvintes aos que se enfronta este colectivo, xa sexa pola dixitalización constante, a falta de axuda e información ou mesmo a falta de apoio”, explica Manolo.

Para paliar esta situación, este equipo, onde a maioría moveuse ou aínda o fai no mundo da comunicación, decidiu comezar unha serie de videos onde dan ferramentas, información e axuda á situacións cotidianas como pode ser a factura da luz, o testamento, ou mesmo adiccións como a ludomanía ou o alcoholismo.

ALCOHOLISMO 

O alcoholismo conformou a súa última peza audiovisual, ‘É posible abandonar o alcol‘. Realizouse en colaboración coa asociación Alcohólicos anónimos 24 horas Noroeste Coruña, co obxetivo de mostrar que hai saída ante esta problemática tan grave. España é o segundo país da Unión Europea onde máis alcohol se consume e causa miles de mortes ao ano.

O colectivo ‘Solidarios cos maiores’ descubriu nesta asociación que moitas das persoas dependetes do alcol non se daban de conta de que tiñan un problema ta o momento da xubilación. “Unha vez te xubilas comezas a ter moito tempo libre que antes ocupabas traballando polo que te das de conta de que acodes á bebida máis do normal e acabas por necesitala para sentirte ben”, conta Manolo.

Debido á normalización desta práctica, son moitas as persoas que se atopan en risco de sufrir alcoholismo polo que crearon este vídeo para “axudar e pór un gran de area nun problema tan gordo” segundo nos explica o membro do colectivo e engade, “está moi normalizado, tómase incluso co café, o famoso café con gotas, polo que non resulta doado percatarse de que algo vai mal”.

“UN MOMENTO EMOCIONANTE”

É posible abandonar o alcol‘ é unha pequena peza na que participan tres persoas que nun pasado tiveron unha adición á bebida e que actualmente atópanse recuperados. Mediante as súas testemuñas intentan facer ver que hai saída e que se un se deixa axudar é máis doado saír.

Os valentes protagonistas do vídeo son María, Ainoa e Antonio, os tres están dentro de Alcohólicos anónimos. Os tres prestaronse a contar a súa historia para que outros poidan ou sentirse identificados e ver que teñen un problema ou atopar esperanza para saír del.

“Foi un momento emocionante“, así describe Manolo a grabación. “Os tres son persoas moi valentes, pero a verdade e que no momento no que se grabou a María (a muller do principio) todos emocionamonos moito, pois estaba grabando de cóstas e finalmente decidiu dar a cara e a verdade e que eso foi moi bonito para o equipo”, asegura o membro.

DIFUSIÓN

Finalmente, Manolo responde a unha pregunta sobre o público ao que van dirixidos os vídeos, pois ao final os maiores son os primeiros en ter conflictos coas novas tecnoloxías e estes están publicados na web porén o Galicia Confidencial pregúntase cal é o plan para que todos os maiores poidan visualizalos.

“É verdade que ese é o noso principal inconvinte, pois moitos maiores vivien sós e sen acceso a internet, pero o plan é que as asociacións, ONGs ou colectivos que traballen con estas persoas faciliten a trasmisión do noso traballo“, responde Manolo Rodríguez.

ÚLTIMAS

Aberto o prazo para solicitar unha das 350 Hortas urbanas municipais

Xa está aberto dende este luns 19 de xaneiro, o prazo para solicitar as...

Un trailer queda atrancado no medio das Xubias

Un camión de grandes dimensións provocou danos en varias casas tras quedar atrapado no...

Detida unha anciá por furtar xoias valoradas en 7.000 euros nunha xoiaría da Ronda de Outeiro

Axentes da Comisaría de Policía Nacional da Coruña, adscritos ao Grupo de Investigación de...

Un hospitalizado e varios vehículos afectados tras un incendio nun garaxe en Pérez Cepeda

Un incendio nun garaxe situado na Praza Médico Anxo Ron Fraga, na cidade da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here