InicioCULTURANace a Asociación Pro Fundación Manoel Vello para defender o dereito de...

Nace a Asociación Pro Fundación Manoel Vello para defender o dereito de poder “vivir en galego”

Publicada o

Por editor

Manoel Vello, nado na parroquia de Xanceda, concello de Mesía, é un histórico activista político e social co galeguismo como gran alicerce do seu pensamento. Foi sacristán e membro de Irimia, concelleiro do BNG de Mesía, e un incansable defensor da nosa lingua, da reivindicación da etiquetaxe en galego, da cultura, da economía e dos medios en galego.

Faleceu o 15 de decembro do 2022, aos 50 anos de idade, despois de pelexar durante 23 anos cunha grave enfermidade de ril. A súa impronta xa foi recoñecida cun documental presentado este pasado verán, e hoxe anuncian o nacemento da Asociación Pro Fundación Manoel Vello. Unha entidade que ten como principal obxectivo defender o dereito de poder “vivir en galego”.

Esta mañá do 15 de setembro, coincindo co seu aniversario , presentaban a entidade no Rexistro da Xunta.

”A intención é impulsar a posta en marcha de proxectos destinados a promover e fomentar o uso do galego en todos os ámbitos da sociedade”, sinalan dende a Asociación, lembrando que a teima de Vello foi sempre “poder exercer o seu dereito a vivir en galego”, para o que colaborou con diferentes entidades de diferente índole, sociais, educativas e comerciais.

A Asociación traballará para a creación dunha fundación co mesmo nome, coa finalidade de poder levar a cabo proxectos de maior alcance e chegar alí onde a administración e as restantes entidades de promoción da lingua non están presentes.

Xa te podes facer socia, seguir nas redes sociais ou informarte en www.manoelvello.gal/.

Documental feito por Bocixa para Nós TV:

ÚLTIMAS

Nace CAbe (Coruña Arte Aberta), a nova fiestra aberta á arte contemporánea galega

Mentres esmorece o museo da Fundación Luís Seoane, un dos catro grandes museos de...

Activada a alerta laranxa por choivas no oeste da provincia da Coruña

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou para este mércores a alerta laranxa por...

Castelo Conta convirte ao pequena aldea de Culleredo no epicentro cultural galego

Arrincou este luns unha completa semana de actividades en Castelo. A pequena aldea de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here