InicioCULTURACando o alumnado coruñés aprende a amar os barrios da cidade grazas...

Cando o alumnado coruñés aprende a amar os barrios da cidade grazas ao cinema

Publicada o

Por editor

Invasión da rapazada nos cinemas coruñeses. E todo, por unha causa fermosa. A causa que a cineasta Olga Osorio quixo reflectir na película Salta!, na que grandes e pequenos poden recoñecer as rúas, as prazas e parques e mesmo a xente do presente e do pasado.

O filme  Salta! foi rodado na Coruña e en Culleredo. O Orzán ou a Cidade Vella da cidade herculina quedan marabillosamente reflectidas, aínda que son, principalmente, os exteriores do Barrio das Flores o espazo no que se desenvolve a trama.

E por iso, este venres 15 de mañanciña saíron do CEIP Ramón de la Sagra ata 6 buses co alumnado de Primaria para ver xuntos esta emotiva película. Case 300 nenos e nenas dun dos barrios onde se gravou a maior parte deste filme, o emblemático barrio das Flores da cidade Herculina.

Moita da rapazada que alí estuda vive nese barrio. Precisamente, dende hai 3 anos, o centro público Ramón de la Sagra, está inmerso nun proxecto educativo de renaturalización do patio en chave urbana, que corre en paralelo á renovación do barrio no que viven moitas das familias da comunidade educativa, todo elo da man de Fermín Blanco co programa de arquitectura pedagógica “Mestra de obra”.

O alumnado estivo moi atento e emocionado durante a visualización do filme recoñecendo ubicacións, casas propias e de familiares que ían comentando entre eles e elas cheos de ilusión. Nos vindeiros días a propia Olga Osorio visitará o CEIP para poder intercambiar todo tipo impresións coa rapazada.

ÚLTIMAS

PSOE e BNG chegan a un principio de acordo para sacar adiante os Orzamentos 2026

O grupo de goberno (PSOE) e o BNG presentaron esta mañá o seu principio...

Inés Rey reta ao PP a acudir aos xulgados tras pedir a súa dimisión polas denuncias de acoso laboral

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, manifestou, tras reiterar o PP a...

Confirman a viabilidade, extraoficial, das viaxes culturais de fin de cursos do Fórum e do Ágora

Cheo a rebentar no Fórum para a reunión convocada polo IMCE cos usuarios dos...

Vixiantes de seguridade móbilizanse no CHUAC contra a precariedade e as agresións

Vixiantes de seguridade mobilizáronse este luns na contorna do Hospital Universitario da Coruña (CHUAC)...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here