InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIO“O desleixo das administracións para protexer os frescos de Lugrís non fai...

“O desleixo das administracións para protexer os frescos de Lugrís non fai máis que medrar”

Publicada o

Por editor

Seguen pasando os meses e os murais de Lugrís da rúa Olmos seguen esfolándose dentro dun edificio ruinoso. A pesar das constantes promesas das administracións e as eternas queixas dos colectivos conservacionistas e a veciñanza, nin Xunta nin Concello moven ficha para coidar tan importante patrimonio.

A combativa Asociación Cultural O Mural lamenta “este desleixo” das administracións, criticando que “nin a Xunta denegou nin o Concello contratou a ninguén”. Refírsense ás declaracións do Conselleiro da Xunta no que expresaba as súas dúbidas sobre se os murais son merecedores de seren declarados Ben de Interese Cultural. A realidade é que “pese a que O Mural solicitoulle formalmente que o fixera no mes de decembro de 2022, a Xunta non incoou o expediente para facer esa valoración, que lle corresponde a administración autonómica, e non o Concello, como semella desprenderse das declaración do conselleiro”.

Tamén critica a entidade a parálise municipal. “Ese informe contratado polo Concello da Coruña ao que fai referencia o mandatario autonómico nin existe nin vai existir axiña pois o Concello da Coruña, malia os seus anuncios públicos, aínda non fixo o contrato e só falou cun catedrático da universidade de Compostela que se comprometeu a telo redactado no mes de novembro”.

”Mentres, a choivas seguen a causar danos nunha obra de arte senlleira da pintura mural galega e ninguén fai nada, cun pouco de sorte dentro de medio ano teremos uns cascallos declarados ben de intereses cultural, como en Atenas”, sentenzan dende a entidade.

Máis novas sobre os murais de Lugrís

O Mural pide á Xunta que supervise a inactividade do Concello na protección do Lugrís da rúa Olmos

O TSXG admite o recurso da asociación O Mural para reclamar á Xunta a protección dos frescos de Lugrís

A Coruña inicia os trámites para declarar BIC os murais de Lugrís da rúa Olmos

 

ÚLTIMAS

Xurxo Souto presenta este venres, por primeira vez na súa Coruña, “A Novela do Bravú”

Despois das presentacións en Muros e na Casa das Crechas, en Compostela, toca, por...

Xuxán, Meicende, Os Mallos e Monte Alto estrearán 6 novas estacións de Bicicoruña

Segue medrando o transformador servizo de BiciCoruña. A semana pasada instalábanse dúas novas estacións...

“O 5 de decembro non haberá servizo de autobús interurbano”

Dá comezo este venres 5 a folga do sector do transporte de viaxeiros e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here