InicioCULTURACríticas pola dividida presenza galega na Feira Internacional de Frankfurt

Críticas pola dividida presenza galega na Feira Internacional de Frankfurt

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Coincidindo coa celebración da Feira Internacional do Libro de Frankfurt, cuia convidada de honra neste 2022 foi España, os reis Don Felipe VI e Doña Leticia realizaron unha viaxe de Estado de tres días ao país alemán para pór de relevo e reforzar as relacións bilaterais entre ambos países e inaugurar a 74 edición da “Frankfurter Buchmesse”, o punto de encontro máis importante do mundo na compra e venda de dereitos de autor.

Tralo seu paso por Berlín, aterraron en Frankfurt onde e, en compañía do presidente federal alemán, Frank Walter Steinmeier e a súa esposa Eike Büdenbender, deron o pistoletazo de saída á feira das letras máis importante na que, durante catro días, os máis de 97 países participante mostraron o mellor das súas disciplinas culturais. Cerca de 119 editoriais e 400 expositores entre editoriais, axentes e institucións culturais, ateigaron dous impresionantes escenarios, un turquesa e outra cereixa, recibiron aos máis de 100.000 visitantes para mostrar a creatividade desbordante dun país que volvía ser convidado de honra 31 anos despois.

Alejandra Praza con Xesús Fraga

Críticas e divorcios

Foron moitas as críticas que rodearon a presencia oficial da Xunta de Galicia na feira. Por un lado botouse de menos unha aposta más decidida polas novas xeracións.
Ademais, sobre a mesa está o eterno divorcio entre a Xunta e o gremio galego de Editores, algo así como “a crónica dunha morte anunciada”. Tan foi así que os os editores Galegos tiveron que integrarse no posto dos editores estatais.
Caeron tamén críticas porque o stand da Xunta perdeu moito coidado na súa imaxe (ten recibido o primeiro premio algún ano), pasando moi desapercibido, e dándolle pouco protagonismo as interesantes ponencias e presentacións realizadas.

En xeral moitos coincidiron en que “o futuro da lectura está na nosa lingua”.

  • Crónica de Alejandra Plaza dende Frankfurt.

ÚLTIMAS

A Audiencia da Coruña xulga catro homes por golpear e apuñalar con doce coiteladas un mozo no Orzán

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acollerá os días 16, 17 e...

As familias da ANPA do CEIP Prácticas manteñen viva a loita por unha escola digna

As familias da ANPA do CEIP Prácticas xa non aturan máis. Levan 2 anos...

Labañou e Palavea, epicentros festeiros da fin de semana

Os barrios de Labañou e Palavea serán os centros culturais e festexeiros esta fin...

A caseta dos falcóns do aeroporto sofre un incendio que xa foi extinguido

Un lume iniciado na caseta dos falcóns do Aeroporto da Coruña este sábado foi...